Skip to Content

Entrada

REXISTRO DO TEMPO ATMOSFÉRICO

Como estades amig@s?

Como chove verdade? Buffff... Pois os nenos e nenas de 4 anos decidimos facer un pequeno e fácil rexistro do tempo atmosférico para a nosa clase.

Neste rexistro teremos que escribir:

  1. o nome do engargado/a;
  2. o día da semana;
  3. o tempo que fai ese día.

Ó rematar o mes, contaremos os días de sol, choiva, sol con nubes, días nubrados e días de neve.

Deixámosvos aquí os primeiros rexistros en imaxes.

"O bosque de Sabela"

Ola amig@s!

Como moitos de vós sabedes, os nenos e nenas de 4 anos estamos traballando xunto co resto do alumnado do centro, no proxecto “O bosque de Sabela”.

Esta semana, despois de visitar a Sabela na biblioteca do cole, comezamos coas ideas previas, isto é, formulándonos preguntas sobre o entorno de Sabela: que é o bosque?, quen vive nel?, hai animais?, hai plantas?, hai árbores?, hai rochas?, hai auga?...etc.

Despois de falar un chisco sobre todo isto, a nosa mestra Silvia leunos o conto “Brúfalo”, despois de pedirllo a Sabela na biblioteca do cole. Pero despois de escoitar surxiron algunas preguntas, xa que Leo comentou: -“profe, non é un brúfalo! É un búfalo!” -. Realmente existen os brúfalos? É o mesmo un búfalo que un brúfalo?.

Terceiro Outono Fotográfico

Facemos cabazas con pasta de sal

celebración do día da Paz

Este curso, celebramos o día da paz coa visita do Dr.Patricio Serqueira, que nos veu a falar da súa labor humanitaria en "El Salvador". Alí, se despraza cada ano para operar a moitos nenos e nenas que, por vivir en países con poucos recursos, carecen de especialistas médicos que podan tratar as patoloxías nas que Patricio e outros compañeiros sí o son. Mediante unha serie de fotos e videos, comprobamos as dificultades que pasan moitas familias e dímonos conta da sorte que temos de vivir en un país desenvolvido, como o noso.

UNHA POMBA QUE PARECE DE VERDADE

Impresionante a pomba que fixo Guadalupe de tres anos, costa diferenciala dunha de verdade. Parabéns

Día da paz

Todos os alumnos de educación infantil fixeron unha gran pomba da paz cos vasos de iogurt que trouxeron das casas. Así, seguimos traballando a reciclaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut