Skip to Content

Extraescolares

Charla sobe cartografía

Hoxe, dentro das actividades do día Internacional da muller,  visitounos Julia Armesto, Doutora en Enxeñaría de Montes, Investigadora e Profesora da Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Forestal da Universidade de Vigo. 

Julia contounos un montón de cousas interesantes sobre  drons, mapas, a cartografía e as súas aplicacións na vida diaria... pero non só sobre eso, senón tamén, sobre as dificultades que teñen as mulleres para desenvolverse nalgúns entornos laborais e a importancia de dedicarnos a un traballo que nos apasione independentemente do xénero. 

Pero o que nos deixou abraiados/as foi a medición Laser escáner 3D "in situ" que fixo da aula e de nós! 

Encantounos a charla de Julia, case non a deixamos marchar de tantas preguntas que lle fixemos! 

Moitas grazas pola túa visita, esperamos que o pasaras tan ben coma nós! 

Saída ao teatro dos nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo

Visita ao Bosque do Castriño

O alumnado de primeiro, segundo e terceiro visitamos o parque do Castriño para familiarizarnos con moitas peculiaridades das especies vexetais que alí habitan. Mario, o técnico de xardíns do Concello explicounos un montón de cousas interesantes.... Sabiades que existe un "eucalipto esponxa"?. Para rematar fixemos "fotocopias" das cortizas das diferentes árbores... Que ben o pasamos!!!!!!

 

Visita ´¨o Bosque do Castriño

O alumnado de primeiro, segundo e terceiro visitámos o parque do Castriño para familiarizarnos con moitas peculiaridades das especies vexetáis que alí habitan. Mario, o técnico de xardíns do Concello explicóunos un montón de cousas interesantes.... Sabíades que existe un "eucalipto esponxa"?. Para rematar fixémos "fotocopias" das cortizas das diferentes árbores..... Que ben o pasamos!!!!!!

 

Rostros monstruosos

VIVEIRO DE CASTAÑAS

Distribuir contido


by Dr. Radut