Skip to Content

Matrícula

Xornada de portas abertas

Cartel da xornada

O vindeiro martes 11 de febreiro faremos unha xornada de portas abertas na que ofreceremos información ás familias interesadas en coñecer o colexio antes do periodo de matrícula para o curso 2020-21.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

MATRÍCULA 2020-2021

DATA: 11 de febreiro de 2020

HORA: 16:00

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2021-2022

 

4º de infantil: todos/as os/as solicitantes están ADMITIDOS/AS.

6º de infantil: todos/as os/as solicitantes están ADMITIDOS/AS.

1º de primaria: solicitantes NON ADMITIDOS/AS ao non existir vacantes.

As listaxes só poden expoñerse dentro do centro cumprindo coa normativa relativa á Lei de Protección de datos. Tamén poden consultar o estado da solicitude de maneira telemática, única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

 

 

SOLICITUDE DE MATRÍCULA FÓRA DE PRAZO

Para realizar unha solicitude de matrícula fóra de prazo deberase entregar a seguinte documentación:

  • Teñen que remitir a folla de solicitude (anexo II) correctamente cuberto e asinado por ambos proxenitores (no caso de separación ou divorcio). 
  • Só se cubrirán as dúas primeiras follas. Todas as demais que fan referencia ao baremo non fan falta, xa que estas solicitudes non se bareman.
  • DNI dos pais e do/a alumno/a.
  • Libro de familia con todas as follas, non so na que aparece o alumno/a.
  • Volante histórico de convivencia.
  • Sentencia de separación ou divorcio se é necesario.
  • Xustificación de non aportar as dúas sinaturas, de ser o caso.
  • Boletín das últimas notas.

 

A adxudicación de vacantes realizarase por riguroso orde de presentación de solicitude.

Distribuir contido


by Dr. Radut