Skip to Content

Secretaría

Procedemento de ADMISIÓN de NOVO ALUMNADO Curso 24-25

Informamos que este venres, día 1 de marzo da comezo o procedemento de admisión para alumnado de nova incorporación para o curso 24-25.

Na seguinte presentación pódese ver toda a información. É posible descargar o documento desta información desde os ficheiros adxuntos.

O horario de secretaría é: Luns a venres de 14:00 a 14:50

                                       Martes e venres de 09:50 a 10:40

IMPORTANTE: A documentación entregarase SÓ á secretaria ou á directora do centro.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Xornada portas abertas 2024

 

O vindeiro martes 27 de febreiro de 16:00 a 17:00,  faremos unha xornada de portas abertas para as familias do alumnado de nova incorporación. Se queres coñecer a nosa escola, ven visitarnos! 

Se che gustaría coñecer o cole pero non podes vir, fai unha visitia virtual na seguinte ligazón:

TOUR VIRTUAL

 

Reserva Praza no IES Cotarelo

Informamos ás familias do alumnado de 6º de Primaria que está aberto o prazo de reserva de praza no IES de adscrición IES ARMADO COTARELO VALLEDOR (Sobradelo) 

O alumnado deberá traer correctamente cuberto e o antes posible o formulario de reserva de praza co fin de poder realizar dende o centro a reserva telemática correspondente (esta remata o 5 de febreiro) 

No caso do alumnado que non teña previsto cursar a ESO no IES adscrito, terá que agardar a presentar de xeito presencial o formulario correspondente no IES escollido

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se vai presentar solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renucia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

 
 

Documentación comedor

Aquí podedes atopar información e a documentación necesaria para o alumnado usuario de comedor. A empresa encargada do servizo dende este curso é Mediterránea.

Autoliquidación comedor curso 2023/2024

As familias do alumnado usuario do servizo de comedor no curso 2023-24 deberán entregar o formulario de autoliquidación cuberto ata o 14 de xullo. 

O horario de entrega da documentación será de 10:00 a 13:00h.

Aqueles usuarios que non teñan formalizada a documentación no prazo indicado non poderán empregar o servizo ata que estea regularizada.

No documento adxunto pódese consultar a información relativa á unidade familiar e á renta per cápita. Pódese empregar a calculadora de simulación de prezos de comedores escolares para realizar o cálculo.

Aqueles usuarios que teñan que pagar polo servizo de comedor, entregarán o modelo SEPA cos datos bancarios en setembro, unha vez que se coñeza o nome da empresa concesionaria do servizo.

Listaxe provisional de préstamo de libros de texto

Xa está publicada a listaxe provisional de admitidos de libros de préstamo de Fondolibros, poderán consultala no centro (presencial ou telefonicamente).

Ábrese un prazo de 2 días para reclamacións en horario de 10:00 a 13:00h.

Listaxe libros de texto 2023-24

Faise pública a listaxe de libros de texto para o curso 2023-24 (ver adxunto). O alumnado de 5º e 6º de primaria non precisará libros por pertencer ao programa Edixgal.

IMPORTANTE: non deben mercar os libros que aparecen en vermello na lista ata recibir instruccións do centro en setembro.

 

Formalización de matrícula para novo alumnado curso 23-24

A partir de mañá venres, 16 de xuño, xa estarán dispoñibles no centro os sobres coa documentación necesaria para a formalización da matrícula do novo alumnado admitido para o vindeiro curso 23 - 24.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 20 ao 30 de xuño, no propio centro.

HORARIO: a partir do xoves 22 de xuño, de 10 a 13 h.

Autorización de uso de transporte 23-24

Adxúntase o formulario para solicitar o uso dunha praza de autobús polo alumnado que non cumpre os requisitos de usuario lexítimo, é dicir, ter domicilio de residencia ou laboral a máis de 2 km e dentro da zona de influencia do centro: parroquias de Cea e Rubiáns.

A parroquia de Cea remata á altura do número 46 de Avda. das Carolinas. Ante calquera dúbida poden poñerse en contacto co centro.

O prazo para entregar a documentacion remata o venres 7 de xullo.

O horario durante o periodo lectivo para entregar a autorización será o mércores e venres de 13:10 a 14:50 horas.

Dende o 22 de xuño será de 10:00 a 13:00h.

Distribuir contido


by Dr. Radut