Skip to Content

Actividades

Libro con Rodas

Dentro da programación de "Vilagarcía, Cidade de Libro" organizada polo Concello, esta mañá tivemos a sorte de contar coa actividade Libro con Rodas.

Ata o noso cole acercouse unha furgoneta-biblioteca cargada de actividades para o fomento da lectura.

O noso veciño, o  actor  Josito Porto deleitounos cunha representación de  "Contos no Camiño"

 

REPERCUSIÓN NOS MEDIOS

21-06-21 - Canal Rías Baixas - "Un libro con rodas percorre os colexios de Vilagarcía"

Día do Libro 2021

O venres 23 de abril visitóunos a escritora Maite Mosconi. Non podiamos conmemorar o día do Libro duha maneira mellor!

Maite contounos lendas e historias sobre o seu libro Guerreiras de Lenda. Nós, como xa leramos o libro puidemos facerlle preguntas. Ademais tamén lle amosamos as diferentes actividades que fixemos co seu libro, como debuxos, interpretacións propias das lendas....

A autora regalounos un marcapáxinas sobre unha das lendas do libro "A lobra branca" que nos puidemos  decorar.

Moitas grazas Maite pola túa visita!

No blogue da biblio podedes ver outras actividades que fixemos.

Día das bibliotecas escolares

O 24 de outubro, celébrase o Día das Bibliotecas Escolares. Este curso baixo o lema: "Bibliotecas, sempre ao teu carón".

Para darlle sentido ao lema deste día, todo o alumnado participou nunha actividade que está exposta no taboleiro da entrada á biblioteca escolar.

Debuxaron a portada do libro lido na biblioteca do cole que máis lle gustou.

Estos son algúns exemplos das portadas que deseñaron os nosos artistas lectores!

 

 

Día do libro

Para celebrar este día tan importamte, os mestres e as mestras do cole quixemos facer algo especial. Decidimos achegarnos a vós aínda que fose a través dunha pantalla, contándovos unha fermosa historia que preparamos con moito cariño. Esperamos que vos guste.

Ademais, no blog da biblioteca, Sabela deixouvos algunhas actividades moi interesantes. Atrevédesvos con elas?

E lembrade que, agora máis que nunca,  a lectura é un gran remedio para o aburrimento.

8 marzo: Día Internacional da Muller

Cada ano conmemoramos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cunha charla con algunha muller relacionada co noso proxecto anual.

Este ano dedicado ao cine, non era doado atopar unha muller relevante que viñese ao cole. Por sorte, Isabel Blanco, actriz e produtora aceptou a nosa invitación aínda sendo a véspera da gala dos Mestre Mateo, os Óscars galegos, dos que foi gañadora por partida dobre en pasadas edicións.

Isabel non só falou da sua traxectoria no mundo do cine e da televisión se non que tamén contou anécdotas da súa vida coas que arrincou gargalladas a todos os presentes.

Tamén nos fixo reflexionar sobre a igualdade a cultura e a importancia da educación.

Respondeu a todas as nosas preguntas, que non foron poucas, con cariño e sentido do humor e ata tivo tempo de asinarnos autógrafos e facer unhas fotiños de recordo para as profes que son fans dende os seus comezos como María Ares en Mareas Vivas.

Foi unha ledicia ter a Isabel no cole!! Mil grazas!!

Repercusión nos medios:

Faro de Vigo| A actriz Isabel Blanco visita el colegio de Rubiáns

Inauguración da Biblioteca e Letras Galegas

Ampliamos a biblioteca e quedounos chulísima!!!! Por iso, tiñamos que facer unha inauguración por todo o alto. Invitamos ata a Conselleira, que atrevidos!

Xa sabedes canto nos gustan as visitas, así que o cole encheuse de personalidades!

Recitamos o poema "A aventura de escribir", de Antón Fraguas - autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Día do libro 2019

O mal tempo nesta ocasión non nos permitiu gozar plentamente dunha das actividades que máis nos gustan, o apadriñamento lector.

Así que xa que non podiamos saír a ler polo patio, tivemos que facelo polos corredores do colexio. Aínda así, os maiores gozamos moito lendolles aos pequenos e os pequenos coma sempre ademais de divertirse coas historias que lles contaron fixeron uns marcapáxinas con moito cariño para agasallar aos seus "padriños".

Visita de Xavier Estévez

O faro da Escola permitiunos recibir a visita de Xavier Estévez no noso centro. O escritor falounos do seu libro "Avións de papel", pero tamén das súas outras obras, doque lle inspira, do oficio de escritor...

Foi unha visita moi interesante na que aprendemos o importante que é amosarlle as nosas creacións aos demais para continuar aprendendo.

 

Faro de Vigo. Aviones de papel sobrevuelan Rubiáns.

Faro de Vigo. Fotos

As nosas recomendacións

Distribuir contido


by Dr. Radut