Skip to Content

Retos Saudables

Reto 3. Pratos vexetais

Chega unha nova fin de semana e con ela un novo RETO. Antes de nada temos que agradecer a participación de todos vós no reto do baile. Está claro que temos un montón de artistas no cole e non o sabiamos. Felicidades a todos.
Agora "ao lío". Nesta ocasión volvemos a meternos entre fogóns e toca cociñar e preparar pratos vexetais.
Animádesvos a compartir con nós o prato vexetal que triunfa nos vosos fogares?? Ensaladas, cremas, parrilladas de verduras, verduras cocidas, papillotes... etc. Todas as opcións son válidas.
Veña, mans á obra!!!

Reto 2. Jerusalema

Que contentos estamos coa boa acollida que tivo o noso primeiro reto! Son moitas as propostas e ben interesantes todas elas.

Agora, animádesvos a facer actividade física? Chove, mais non é unha excusa. Mañá sábado conmemórase o Día Escolar da Paz e Non Violencia e este é o motivo polo que escollemos esta proposta.

Os nenos e nenas do orfanato Masaka Kids Africana, de Uganda, empregan a música como terapia e sérvelles de unión e ledicia. Eles fixeron viral a coreografía que fixeron da canción Jerusalema (Master KG). Neste momento no que non podemos saír da casa e xa estamos cansos do illamento social e todas as medidas preventivas imos coller un pouco de enerxía sumándonos ao #jerusalemachallenge. Que vos parece?

Neste vídeo podedes ver o baile orixinal.

  Hai moitos vídeo titoriais que ensinan o baile paso a paso.  

Animádevos a bailar!

Poñémonos en forma? Reto 1

Dende esta semana iremos propoñéndovos un reto semanal para que xuntos melloremos a nosa saúde. Alternaremos a alimentación coa actividade física.
Publicaranse tamén no Facebook, onde se así o queredes, poderedes subir unha foto do reto superado. Se non tedes Facebook e queredes que a subamos nós podedes enviarnos unha foto do prato, dun sinal... segundo o caso (sen aparecer as caras dos nenos).

O primeiro reto deberá conseguirse ata o venres 29. Convidámosvos a que preparedes e tomedes un almorzo saudable: no canto de tomar unha taza de leite con cacao edulcorado e cereais ou bolaría industrial animádevos a tomar froita, leite con cacao puro (só se precisa un chisquiño), avena... sede creativos, seguro que está boísimo!

Amosádenos as cousas tan ricas que preparades!

Distribuir contido


by Dr. Radut