Skip to Content

Actividades

Actividades de Igualdade realizadas no cole

Coñecemos a Luísa Villalta

Participar no programa Donas de Si permitiunos coñecer a figura de Luisa Villalta, escritora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

Ademais de coñecer a súa biografía e achegarnos á súa obra tivemos a ocasión de debuxar o seu retrato seguindo as indicacións da ilustradora Tania Solla. E como no cole hai artistas de moita calidade quedaron uns debuxos preciosos.

 

 

Visita da boxeadora Clara Millares - 8M

Hoxe conmemoramos o 8M, Día Internacional da Muller, coa visita de Clara Millares, boxeadora, atleta, nai, traballadora e, como di ela, "medioagricultora" de Ribeira.
Da súa man coñecemos este deporte, que non é tan bruto como parece e soubemos que o practican moi poucas mulleres. Tanto é así, que nunha ocasión tivo que competir cos mesma adversaria porque non había máis.
Entre os seus logros contan unha medalla de prata e duas de bronce, do campionato de España de boxeo e varias de atletismo a nivel autonómico: salto de lonxitude, 5K, 10K...
Quedamos cunha frase que repetiu en varias ocasións: "Se nos organizamos hai tempo para todo" e co convencemento de que o boxeo, igual ca todos os deportes, tamén é para as rapazas e mulleres.
Grazas por vir ao cole Clara!

 

 

Olímpicas Galegas

En Marzo conmemoramos o mes da muller, este curso non podiamos desaproveitar a ocasión de coñecer a todas as galegas olímpicas e paralímpicas. 

Se pensabas que só eran Teresa Portela e Ana Peleteiro vas levar unha gran sorpresa pois temos 19 mulleres que algunha vez foron ás Olimpiadas! 

Queres coñecelas? Aquí tes uns xogos para que te divirtas aprendendo. 

 
 

Día da muller e da nena na ciencia 2024

Un ano máis conmemoramos o Día da Muller e da Nena na Ciencia para visibilizar a existencia de mulleres que se adican á ciencia e o seu labor.

Nesta ocasión as científicas do CSIC Patricia Martín, Jennifer Fernández e María Rivo explicáronnos a través de videoconferencia como a Historia tamén precisa da ciencia para descubrir cousas do pasado.

A elas costoulles decidir a que se ían adicar, peri ti, se tes unha das cualidades fundamentais de calquer científico ou científica, a curiosidade, podes adicarte a algunha das moitas ramas da ciencia. 

Sabela presentounos a unha morea de científicas nunha exposición. Cantas cousas descubriron!

Por outra banda, e para demostrar que as nenas e as mulleres tamén poden facer ciencia fixemos un panel no que Marie Courie ten na man un recipiente que se ilumina ao premer no interruptor dun circuíto eléctrico.

25 N 2023

Hai datas que nos gustaría erradicar do calendario pero desgraciadamente debemos de seguir educando en Igualdade para que nun futuro (esperemos que próximo) non exista a violencia de xénero. 

Ademáis do traballo colaborativo, "Valeria e a casa arco da vella das bágoas secretas" do que xa vos falamos noutra entrada, fixemos diferentes traballos de aula (entre outros un imán co arco da vella), visionamos o conto e o  alumnado de 5º e 6º preparou unha coreografía que presentou no noso cole e no auditorio ante outros centros de Vilagarcía, podédelo ver no seguinte video. 

Esperamos que vos guste. 

;

 
 

Valeria e a casa "Arco da Vella das Bágoas Secretas"

Durante a última semana, todos os nenos e nenas de primaria preparamos un conto para conmemorar o 25N. 1º e 2º gravaron as voces, 3º e 4º realizaron as ilustracións e 5º e 6º colorearon as ilustracións en formato dixital e fixeron a tradución do conto. Ademais, fixemos un imán con forma do arco da vella do conto.

Un traballazo do que estamos moi orgullosos.

 

8M. Día da Muller

Hoxe descubrimos que son moitas as científicas nos equipos de investigación, pero van perdéndose como goteiras nunha tubaxe se miramos máis arriba nos postos de dirección debido ao teito de cristal e ao chan pegañento. 
 
Tamén soubemos da man de María de la Fuente Freire, directora do grupo de nano-oncoloxía do IDIS, que en Galicia aprobouse unha lei para que as científicas non sexan penalizadas por ser nais. A Lei Ángeles Alvariño foi promovida por ela mesma despois de ser penalizada por ser nai.
 
María explicounos que están investigando para que teñamos medicinas personalizadas e tamén que os nanomedicamentos teñen o diámetro dun cabelo e levan a menciña xusto a onde fai falta.
 
Despois visitounos Teresa Brianes, empresaria e directora da área de Comunicación e Marketing de Dos Espacios, para falarnos de tecnoloxía, e explicounos que hai moitas menos mulleres en tecnoloxía, sendo maioría na Universidade.
 
Teresa explicounos que na súa empresa máis da metade do equipo está formado por mulleres, aínda que non é o habitual. Contounos que ademais de páxinas web, traballan coa Realidade Aumentada, entre outras cousas, para que poidamos ver un museo ou un lugar, se non podemos facelo físicamente. Para conseguilo, na empresa, aínda que é de tecnoloxía, tamén traballan persoas que estudaron historia, publicidade, deseño gráfico, sistemas, programación...
 
As dúas animaron, tanto a nenas coma nenos, a fixarse moi ben en todos os traballos que hai para que poidan escoller o que máis lles gusta, independentemente do seu xénero.
 
Moitas grazas ás dúas por colaborar connosco!
 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut