Skip to Content

ANPA

EDUCANDO EN IGUALDADE

EDUCANDO EN IGUALDADE

Prezadas familias:

Informámosvos de que o vindeiro mércores 11 de marzo, a ANPA do colexio e o CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) organizan unha charla para todos e todas vós baixo o título "EDUCANDO EN IGUALDADE".

Será impartida polo sociólogo e investigador da Universidade de Santiago de Compostela, Jorge García Marín.

A charla terá lugar na aula de 6º B de primaria, de 17:00 a 18:30 horas.

 

Agradecemos de antemán a vosa asistencia.

A SOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DO CEIP DE ROXOS

A asociación de nais e pais (Anpa) do CEIP de Roxos é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como fins fundamentais a defensa do dereito dos nenos e nenas a unha educación integral, o impulso á participación das familias na educación do seus fillos e fillas e a realización de actividades educativas, deportivas e culturais que contribuan á formación dos pequenos/as.

Esta asociación entende o seu labor desde a cooperación e o traballo colectivo co centro educativo e co resto da comunidade na que se integra. Pretende servir de canle para facer chegar á dirección do centro e á administración as posibles suxestións das familias, demandando a administración as melloras que se consideran necesarias en canto a dotación de recursos humanos, adecuación e ampliación das instalación, provisión de medios e materiais, formación, etc. A defensa dun ensino público galego, inclusivo e de calidade é o noso piar.

A Anpa do CEIP de Roxos, por acordo da súa asamblea, está integrada na Federación de Anpas Compostela, que reúne a máis de 40 anpas de centros públicos de educación infantil, primaria e secundaria da comarca. A través dela comparte e defende intereses e proxectos comúns que levan a promover:

- Actividades formativas para as familias.

- Actividades de conciliación en periodos vacacionais

- Seguimento do servizo matinal e de comedor, de xestión municipal no CEIP de Roxos e noutros nove centros do concello.

- Accións para a promoción dunha educación inclusiva e en igualdade

- Seguimento do estado dos edificios escolares

 

Ademáis a Anpa do CEIP de Roxos entanto a administración non o faga, planifica e xestiona no periodo escolar as actividades extraescolares, dirixidas ao alumnado do centro. Son actividades fundamentalmente de carácter deportivo e cultural, dirixidas non só a facilitar a conciliación, senón e ao tempo a despertar o interese por certas áreas, promover a igualdade entre xéneros, o desenvolvemento de hábitos saudables, a deportividade e o compañerismo.

 

A asociación tamén promove a relación entre comunidade escolar e o centro colaborando na organización de actividades lúdicas en distintos momentos do ano dirixidas ao alumnado pero en moitas ocasións tamén ás familias. Algunhas datas habituais para estas actividades son o Entroido, o Nadal, ou fin de curso.

 

Todas as familias de nenos e nenas do centro poden ser membros da asociación, formalizando a súa inscrición a comenzos de curso ou no momento en que o desexen ao longo do ano.

 

Para contactar coa anpa: anpa.roxos@hotmail.com

 

Tamén podes seguirnos en Facebook: anpa do ceip de roxos

 

A directiva actual da asociación está formada por:

Presidenta: Esther Martinez Piñeiro

Vicepresidenta: Ana Rodriguez Rodriguez

Secretaria: Trinidad de Miguel Bouzas

Tesoureiro: José Dominguez Otero

Vogais: María Jesús Luces, Sonia Luces, Natalia Outeiro, Alicia Quintáns, Immaculada Rúa

Distribuir contido


by Dr. Radut