Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

O luns, día 20 de maio, publicouse no DOG a convocatoria do Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

O prazo de solicitude abrangue do día 21/5/2024 ao 21/6/2024, incluídos.

No seguinte enlace tedes toda a información relativa a esta convocatoria.

INFORMACIÓN FONDO LIBROS CURSO 2024/2025

ANEXO I

ANEXO II

(lembrar que o anexo II e anexo II (continuación) son dúas táboas independentes e deben ser cubertas as dúas).

 

Axudas concello: Bolsas comedor, adquisición material e actividades extraescolares curso 2024/2025

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago, na sesión ordinaria celebrada o 13 de maio de 2024, aprobou a convocatoria para a concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria, e centros de educación especial de educación infantil (segundo ciclo) de educación primaria e educación secundaria obrigatoria, do concello de santiago de compostela, para o curso 2024-2025.

As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Data publicación: 20/05/2024

Direccións relacionadas

Campamentos deportivos verán 2024 Deputación

Nos seguintes enlace pódes acceder á información relativa ao campamento de verán organizado pola Deputación da Coruña para alumnado de 9 a 14 anos.

Listaxe de admitidos proceso de admisión curso 2024/2025

Todo o alumnado que presentou solicitude, para o noso centro, en período ordinario nos grupos que tiñamos vacantes, está ADMITIDO. (Poden consultar as listaxes no taboleiro interior do centro, ou telemáticamente na aplicación Admisionalumnado coa chave 365).

Lembrar que entre o 20 e o 30 de xuño deberase formalizar a matrícula. No mes de xuño será publicada a información relativa a este proceso (nesta páxina).

Para calquera dúbida póñanse en contacto co centro.

Vacantes CEIP de Roxos curso 2024/2025

Nivel

Vacantes

Reserva (*)

Totais

Solicitudes presentadas

4º EI 

20

3

20

 16

5º EI

12

 

12

 

6º EI 

2

 

2

 

1º EP

6

4

6

 2

2º EP

3

 

3

 

3º EP

12

 

12

 1

4º EP

0

 

0

 1

5º EP

0

 

0

 

6º EP

4

 

4

 

TOTAL

60

7

60

 

(*) Prazas reservadas para alumnado con NEAE. Aquelas non solicitadas acumularanse á quenda ordinaria.

Cada semana irase actualizando o número de solicitudes presentadas

 

 

PROCESO ADMISIÓN CURSO 2024/2025

No seguinte enlace tedes toda a información sobre o procedemento de admisión para o curso 2024/2025

MATRÍCULA CURSO 2024-2025

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA 2024/2025

O prazo de matrícula irá do día 20 ao 30 de xuño. (Só para alumnado de nova incorporación)

Os impresos poderán descargarse nos seguintes enlaces ou poderán recollerse no centro.

Documentación a presentar:

  • Copias do DNI das nais e dos pais do alumnado.
  • Copia do libro de familia.
  • Copia da cartilla sanitaria da alumna ou alumno.
  • Copia da cartilla de vacinas da alumna ou alumno.
  • 2 fotos actuais da nena ou o neno tamaño carnet.

Campamento Verán ANPA Roxos

No seguinte enlace pódese acceder á información sobre o campamento de verán que organiza a ANPA no CEIP de Roxos.

CARTA INFORMATIVA DÍA DO LIBRO

No seguinte enlace podedes ver unha  carta que Lermiño, a mascota da Biblioteca do noso centro, nos envía para explicarnos unha actividade que nos propón facer con motivo do día do libro. 

Lédea con atención:

Calendario Escolar 2023/2024

No seguinte enlace podedes acceder á orde que regula o  Calendario Escolar para o curso 2023/2024.

  ENLACE

  CALENDARIO

Distribuir contido


by Dr. Radut