Están publicadas no taboleiro de anuncios do interior do centro as listaxes definitivas de admitidos do fondo solidario de libros de texto (nesta listaxe xa podedes comprobar o ISBN dos libros asignados).
Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.
A partir de mañá xoves, día 11 de xullo, ata o mércores 31 de xullo podedes pasar a recoller os vales de libros e de material, en horario de 10:00 h. a 14:00 h.
- Os vales deben ser recollidos pola/o solicitante dos mesmos.
- Se a persoa solicitante non pode acudir debe asinar o seguinte documento: autorización
- En caso de extravío ou deterioro do vale NON se xera un novo.
Tamén entre mañá xoves, día 11 de xullo, ata o mércores, 31 de xullo, podedes pasar a recoller os libros de fondo solidario de libros.
- Os libros serán entregados despois de asinar a declaración responsable, ésta só pode ser asinada ou pola nai, ou polo pai, ou pola titora ou titor legal.
Un saúdo