Skip to Content

30 DE XANEIRO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

 

Hoxe, coma todos os anos, celebramos o día escolar da Non Violencia e da Paz.

Sabedes que é a PAZ? PAZ significa convivir todos xuntos sen pelexas, aceptando que somos diferentes.

Que podemos facer nós para que haxa PAZ ao noso arredor? Non podemos evitar as guerras nin as inxustizas dos adultos, iso téñeno que facer eles, pero si podemos aportar o noso gran de area para que no colexio non haxa conflitos e todos podamos traballar en PAZ.

Por iso, entre todos e todas, fixemos este decálogo recollendo todas as ideas das aulas:

  1. Axudámonos entre todos. No colexio todos somos compañeiros e compañeiras.
  2. Respectamos sempre as normas e non molestamos nin nos rimos dos demais.
  3. Compartimos as cousas e non quitamos aos demais as súas.
  4. Arranxamos os problemas falando. O diálogo é a solución, a violencia non soluciona nada.
  5. Recoñecemos os nosos erros e corrixímolos.
  6. Pedimos perdón cando nos equivocamos.
  7. Respectámonos porque todos somos diferentes. As diferenzas enriquécenos.
  8. Se vemos que algo malo está acontecendo non miremos cara a outro lado porque a alguén lle está doendo.
  9. Todos merecemos que nos traten coma os demais porque siplemente somos un máis.
  10. O colexio é divertido se ninguén se sinte excluído.

E agora chegou o momento no que xuntamos as nosas voces para cantar a canción "NUN MAR AZUL".



story | by Dr. Radut