Skip to Content

5 anos Ed. Infantil

VÍDEO RECORDO DA GRADUACIÓN 2023

"A educación no cambia o mundo, cambia ás persoas que van cambiar o mundo " (Paulo Freire). 

Foi un día para o recordo, que deixa fonda pegada nos sentimentos dos nenos e nenas, das súas familias e das mestras que os acompañamos durante este curso. 

VEXO VEO, XACOBEO

Estamos encantadas de anunciar que as nenas e nenos de cinco anos imos participar no programa VEXO VEO, XACOBEO, (dentro do Plan Proxecta +).

Andamos a aprender moitas cousas sobre o Camiño de Santiago e a próxima semana recorreremos unha etapa!

Se pinchades na imaxe podedes acceder a máis información e descargar un xogo para o móvil, ordenador ou tablet.

PAISAXES DE PRIMAVERA

Outra mostra do traballo dos nosos artistas... Versións melloradas de paisaxes de primavera!!

 

VISITA DA ASOCIACIÓN DA PANTALLA

HOXE RECIBIMOS UNHA VISITA ESPECIAL

PINCHA NA FOTO PARA SABER MÁIS

H

VISITAMOS O MUSEO DO ENTROIDO

Onte visitamos o museo do Entroido, e aproveitamos para facer o recreo no parque. 

Unha mañá diferente!

 

PAISAXES DE INVERNO

Deixámosvos unha mostra das nosas dotes artísticas. 

Neste vídeo podedes ver as nosas versións de paisaxes invernais. .

(Pinchade no título para ver o vídeo)

Esperamos que vos gusten!

 

SAÍDA Á CASA DA LAGOA, EN SANDIÁS

Onte desfrutamos moito da visita á Casa da Lagoa, onde aprendemos moito sobre a Lagoa de Antela.

 

EDUCACIÓN INFANTIL - BO NADAL!

 Educación Infantil do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo deséxavos Boas Festas.

VÍDEO DO PRIMEIRO TRIMESTRE - 5 ANOS A/B

Ola familias, 

queremos compartir este vídeo para que vexades algunhas das cousas que fixemos durante este primeiro trimestre.

Xuntos convivimos, xogamos e aprendemos.

Felices vacacións!! 

VISITA Á OFICINA DE CORREOS

Onte as nenas e nenos de cinco anos acercámonos á oficina de Correos para enviar unha postal ás nosas familias.

O persoal foi moi amable e incluso nos regalaron un libro!

Quedamos encantados coa visita. Moitas grazas ao persoal de correos pola súa amabilidade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut