Skip to Content

Orientación

Seminario Implicación Familiar

Mañá, venres día 8 de novembro dará comezo, no salón de plenos do concello de Xinzo de Limia, o Seminario  "Implicación familiar e participación social nas comunidades de acollida", dirixida a toda a nosa Comunidade Educativa.

O evento, que conta coa colaboración da USC, terá como finalidade promover a integración e a colaboración intercultural entre a veciñanza do municipio.

Cerebro e pantallas

Convocatoria axudas NEAE curso 2024/25

O día 19 de abril de 2024 publicouse no BOE a resolución pola que se convocan as axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2024/2025.
O prazo de presentación de solicitudes para o alumnado será dende o 30 de abril ata o 13 de setembro de 2024. Tedes toda a información no arquivo que achegamos.

Xornada formativa sobre a dislexia

Este venres, día 12 de xaneiro de 2024, en horario de 17:00 a 19:00 horas, contaremos con Paula Outón para impartir unha formación sobre a dislexia. As familias que esteades interesadas en asistir, debedes confirmalo enviando un correo electrónico con voso nome a ceip.rosalia.xinzo@edu.xunta.es antes das 12.00 do mediodía do mesmo venres, 12 de xaneiro.

Becas para o alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo

Podedes consultar toda a información na convocatoria do BOE que se atopa o arquivo adxunto a esta entrada. Recordade que o prazo de presentación de instancias comeza o 8 de maio e remata o 20 de setembro.

Estamos entre os finalistas do concurso "Que es un Rey para ti" !!!

Este ano o noso alumnado da Aula Específica, coordinado polas súas mestras Elena e Estefanía, participaron no concurso "Que es un rey para ti". Esta é  á 42ª edición deste concurso escolar, organizado por FIES (Fundación Institucional Española), patrocinado pola Fundación Orange e dirixido a estudantes de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º e 2º de ESO de centros educativos de toda España.

Parabéns para Tatiana e as súas mestras!!

Un ano máis o noso alumnado e profesorado da Aula Especifíca participaron no "V Concurso de Dibujo y Redacción Jóvenes y Mayores" organizado por "La Región"... e un ano máis foron premiadas! Desta volta foi a quenda de Tatiana, que gañou o primeiro premio dentro da categoría de Educación Especial cun traballo de debuxo onde aparecen ela e a súa avoa Lola indo a mercar as cousas que precisaban para cociñar xuntas. Formidable traballo de Elena, Estefanía, Tatiana, Xavi e as súas familias!

Segunda charla da Escola de Pais/Nais: Resolución de conflitos

Se queres asistir, podes facer a túa inscrición no teléfono 988460480 ou enviando un correo a ceip.rosalia.xinzo@edu.xunta.gal, indicando no Asunto RESOLUCIÓN DE CONFLITOS.

Segunda charla da Escola de Pais/Nais: Resolución de conflitos

Estratexias para a educación de alumnado TEA

Recomendacións para as familias

Distribuir contido


by Dr. Radut