Boas nenas e nenos. Que tal levamos este estar na casa? Como xa fai máis dunha semana que non nos vemos, pensamos que sería bo ver que tal vos vai e, de paso, darnos ánimos. Por iso animávosvos a que nos mandedes unha foto ou un vídeo con alguén da vosa familia e cun traballiño feito por vós (un arco da vella, un debuxo ou o que vos queirades) cunha mensaxe de ánimo para o resto de nós, tipo #EuQuedoNaCasa #DestaSaimosXuntxs,..... ou outra calquera.