A Fundación Carlos Casares convova un concurso que ten como finaliddade deseñar a cuberta dunha obra do protagonista das Letras Galegas 2023.
CONVOCATORIA _______>
Este ano dedícaselle o 17 de maio, Día das Letras Galegas, ao seu fundador, o escritor, editor e activista cultural Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913 – Vigo, 2010). Profesor de Dereito Civil na USC ata 1939, participou na reconstrución do Partido Galeguista e do tecido cultural do país, chegando a director da editorial Galaxia, da Fundación Penzol e a presidente da Real Academia Galega.Para celebrar o feliz evento do Día das Letras 2023, o Concello de Xinzo de Limia e a Fundación Carlos Casares convocan este concurso unindo as artes plásticas e a literatura, co fin de deseñar unha cuberta para algunha das obras do escritor homenaxeado.
BASES_______>
1.- DESTINATARIOS E CATEGORÍAS: Alumnado dos centros escolares da comarca da Limia en dúas categorías de idade:
A. PRIMARIA:
1. Primeiro e Segundo, ou [A1]
2. Terceiro e Cuarto, ou [A2]
3. Quinto e Sexto, ou [A3]
B. SECUNDARIA:
1. Primeiro e Segundo, ou [B1]
2. Terceiro e Cuarto, ou [B2]
2.- FINALIDADE E FORMATO: A finalidade do concurso é deseñar a cuberta dun libro infantil ou xuvenil de Xela Arias dende a mirada propia dos participantes.
O formato da cuberta será en DIN A4 /folio, en papel ou cartolina, con calquera técnica artística que conforme a ilustración (pintura, collage, debuxo…). As obras serán orixinais, en lingua galega e non premiadas anteriormente noutros concursos. A cuberta conterá, ademais da ilustración, o título da obra e o nome da escritora homenaxeada, como se fose a cuberta dun libro.
3.- PRAZO DE RECEPCIÓN E MODO DE ENVÍO: A convocatoria estará aberta do 1 de marzo ao 13 de maio de 2023.
As obras, só unha por concursante, deberán enviarse dentro nun sobre pechado grande, no que se porá tamén un sobre pequeno que conteña unha folla cos datos da autoría: a) Nome completo e apelidos, b) Título da obra, c) Enderezo e teléfono de contacto do pai, nai ou titor da persoa participante.
No sobre debe figurar o enderezo de envío: Oficina de Cultura - Casa da Cultura de Xinzo de Limia / Rúa Curros Enríquez, 17 (Praza de Carlos Casares) / 36320 XINZO DE LIMIA, e debaixo: o nome do concurso ao que se presenta; título de obra e categoría na que concursa, é dicir, unha das cinco anteriores.
O sobre pode enviarse por correo postal; entregarse na Oficina da Casa da Cultura ou na Secretaría do centro escolar.
4.- XURADO E CRITERIOS DE VALORACIÓN: O xurado estará composto pola alcaldesa de Xinzo de Limia ou persoa na que delegue; o presidente da Fundación Carlos Casares ou persoa na que delegue; o pintor Antón Pulido; unha profesora de debuxo de centros escolares da Limia e un secretario con voz pero sen voto.
Premiarase a creatividade, a orixinalidade, o equilibrio e a composición dos traballos, así como os recursos técnicos empregados. O premio non poderá ser declarado deserto.
5.- PREMIOS: Para cada unha das categorías establécense os seguintes recoñecementos:
a. Primeiro premio: un diploma e un vale regalo de 150 euros válido durante ano en curso.
b. Segundo premio: un diploma e un vale regalo de 100 euros válido durante o ano en curso.
O premio fallarase o martes, 17 de maio de 2023 nun acto que terá lugar no Concello de Xinzo de Limia, onde se entregado.
6.- PUBLICIDADE DOS TRABALLOS E DEREITOS: Coa entrega dos traballos cédese o dereito a darlles publicidade e de seren amosados nas páxinas web da Fundación Carlos Casares e do Concello de Xinzo de Limia, así como nos espazos físicos desas entidades se se dá o caso. O autor ou autora da obra é o único responsable do que nela se inclúa. Os organizadores declinan toda a responsabilidade legal sobre o seu contido.
A participación neste concurso supón a plena aceptación destas bases. Ante calquera dúbida, prevalecerá a opinión do xurado. Agás petición por escrito, non se devolverán os traballos presentados, que quedarán no arquivo da Fundación Carlos Casares. O Concello de Xinzo e a Fundación Carlos Casares reservan o dereito, nun futuro, da publicación das obras gañadoras nas distintas edicións, previa petición formal aos gañadores.