Skip to Content

Concurso cartaz Desfile Infantil do Entroido 2023

O mércores 14 de decembro tivo lugar a primeira reunión entre o concello de Xinzo de Limia  e os representantes dos centros educativos organizadores do Desfile Infantil do Entroido  que se celebrará o vindeiro 17 de febreiro de 2023. Entre os acordos que alí se tomaron decidiuse convocar un concurso para todo o alumnado dos centros participantes que anuncie e promcione este evento. As bases deste concurso serán:

  • Ser alumna/o dun dos centros participantes no Desfile Infantil do Entroido 2023.
  • O formato será libre, tanto no tamaño (sendo o mínimo un A4) como na técnica utilizada.
  • No cartaz ten que aparecer obrigatoriamente o lema "Desfile Infantil do Entroido 2023"
  • Os traballos serán entregados á mestra/e do alumno ou na administración do centro.
  • Xunto co traballo entregarase un papel onde figurarán o nome, idade e curso do participante.
  • A data límite de entrega dos traballos será o venres, trece de xaneiro ás 14.00.
  • Os traballos quedarán en posesión do CEIP Rosalía de Castro para facer o uso que considere deles.
  • Haberá un único traballo gañador para todo o centro, que terá un premio dun vale de 25 euros en material escolar para canxear en calquera libraría de Xinzo de Limia.
  • O traballo gañador representará ao centro no proceso de escolla de cartaz para o Desfile entre os traballos presentados por todos os centros participantes no Desfile.
  • Calquera outra cuestión relacionada con este concurso e que non apareza recollida nestas bases, debe ser consultada ao centro mediante un correo electrónico á dirección ceip.rosalia.xinzo@edu.xunta.gal
  • Todo o alumnado participante e os seus proxenitores aceptan as presentes bases deste concurso.



book | by Dr. Radut