No día de hoxe vénse de publicar no DOG a Orde do 6 de novembro pola que se regulan os criterios e procedemento de distribución de máscaras para o alumnado matriculado en Ed. Primaria e Ed. Especial. De conformidade con dita Orde, TODO O ALUMNADO DESTAS ETAPAS que resultou beneficiario das axudas de MATERIAL ESCOLAR (non dos libros de texto), será beneficaiario directamente das máscaras. O resto de alumnado destas etapas que NON FOI BENEFICIARIO das axudas de material escolar por distintas circunstancias, pero que teña unha renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros (no exercicio do ano 2018), deberán presentar solicitude a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal/portal/) ou na secretaría do centro. O prazo de solicitudes será ata o 27 de novembro incluído. Para maior información, poden consultar a Orde de seis de novembro anteriormente citada neste enlace.