Skip to Content

CONCURSO “UNHA CUBERTA PARA FRANCISCO F. DEL RIEGO”

A Fundación Carlos Casares convova un concurso que ten como finaliddade deseñar a cuberta dunha obra do protagonista das Letras Galegas 2023.

CONVOCATORIA _______>

Mandas do Meco: Luns, 13 de febreiro

As mandas publicaranse o día anterior. TODAS AS MANDAS SON ACUMULATIVAS

Xa temos cartaz para o Desfile Infantil !!

Menú escolar febreiro 2023

Menú escolar febreiro 2023

SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O MÉRCORES 18/01

Dende a Consellería de Educación informan que se suspende TODO O SERVIZO DO TRANSPORTE ESCOLAR para mañá MÉRCORES, 18 DE XANEIRO DE 2023.

O Centro educativo permanecerá aberto e o resto dos servicios do centro funcionarán con normalidade, agás novas instruccións.

Nova actualización (e esperemos que sexa a última) sobre o servizo de transporte escolar

Antes que nada, debemos pedir desculpas polo cambio de situación no referente ao servizo de transporte para o día de mañá, martes 17/01/2023.

Acabamos de recibir de parte da empresa adxudicataria do servizo de transporte escolar para toda a zona da Limia, unha nova indicación na que nos comunican que van levar a cabo o servizo de transporte escolar como todos os días, polo que este servizo funcionará con normalidade.

IMPORTANTE!! SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O MARTES 17/01

ACTUALIZACIÓN IMPORTANTE

Dende a Consellería informanos que se suspende TODO O SERVIZO DO TRANSPORTE ESCOLAR nas rutas de mañá e de tarde para mañá MARTES, 17 DE XANEIRO DE 2023.

O Centro educativo permanecerá aberto e o resto dos servicios do centro funcionarán con normalidade, agás novas instruccións.

Alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por vento e acumulacións de neve

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por acumulacións de neve por riba dos 20 cm, que comezará o martes día 17.01.2023 ás 06.00 horas e prolongarase ata as primeiras horas do mércores 18.01.2023. Este adverso afectará á zonas da montaña de Lugo e Ourense.

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DOCENTE SOSTIDO CON FONDOS PÚBLICOS (Só alumnado de sexto de Ed. Primaria)

Atendendo ao Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de BAC en centros sostidos con fondos públicos, comezamos o procedemento de admisión de alumnado para o curso académico 2023/2024.

Distribuir contido


by Dr. Radut