Skip to Content

Festival Fin de Curso 2023

O vindeiro mércores, 21 de xuño ás 11.00 da mañá, celebraremos o festival de fin de curso na Pista Polideportiva do centro ao que todas as familias estades invitadas. A entrada farase a partir das 10.50 a.m. pola Cancela Principal (pola que entra habitualmente o alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria).

Aberto o prazo para solicitar o servizo de comedor escolar para o vindeiro curso 2023- 2024

O vindeiro luns, 5 de xuño de 2023 ábrese o prazo para presentar as solicitudes para ser usuario de comedor o vindeiro curso 2023 -2024. Este prazo rematará o vindeiro 5 de xullo. Teñen que presentar a instancia TODO O ALUMNADO INTERESADO, independentemente da súa situación actual (incluído o alumnado usuario de transporte)

Menú escolar xuño 2023

Menú escolar xuño 2023

Fin das actividades extraescolares para este curso 2022 - 2023

Segundo fixa a Programación Xeral Anual do centro para este curso 2022/2023, as actividades extraescolares que se fan en horario de tarde (inglés, patinaxe e aula de estudo) rematan o dia 31/05/2023, polo que a partir do dia 01/06/23 todo o alumnado que non sexa usuario de comedor sairá ás 14.00 e aquel que sexa usuario do comedor ás 15.15.

ENQUISA CONVIVENCIA

Menú escolar maio 2023

Menú escolar maio 2023

Becas para o alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo

Podedes consultar toda a información na convocatoria do BOE que se atopa o arquivo adxunto a esta entrada. Recordade que o prazo de presentación de instancias comeza o 8 de maio e remata o 20 de setembro.

Distribuir contido


by Dr. Radut