No contexto do Grupo de Traballo de Cidadanía do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal, grazas á colaboración de APDTIC, empresa adherida a CIBER.gal, e Amtega, entidade fundadora de CIBER.gal, organízase unha sesión formativa gratuíta dirixida a persoal e dirección das Anpas, persoal docente dos centros educativos e pais/nais/titores
Atendendo ao Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de BAC en centros sostidos con fondos públicos, comezamos o procedemento de admisión de alumnado para o curso académico 2024/2025.
Este venres, día 12 de xaneiro de 2024, en horario de 17:00 a 19:00 horas, contaremos con Paula Outón para impartir unha formación sobre a dislexia. As familias que esteades interesadas en asistir, debedes confirmalo enviando un correo electrónico con voso nome a ceip.rosalia.xinzo@edu.xunta.es antes das 12.00 do mediodía do mesmo venres, 12 de xaneiro.
Segundo figura no calendario escolar da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na súa Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/2024 nos centros sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o período de vacacións de Nadal abrangue dende o 22 de decembro de 2023 ata o 5 de xaneiro de 2024, ambos inclusive,
Hoxe, todo o alumnado do centro vai levar unha planilla para complementar voluntariamente co gallo de levar a cabo un traballo de investigación organizado conxuntamente polo noso centro, o CDR O Viso e a ANPA do centro.