Nutriescolas

O recetario de Lupi

Acordádesvos das receitas que nos destes? Pois as xuntamos todas e fixemos este libro: O receitario de Lupi!

Esperamos que vos guste!

O recetario de Lupi

V aniversario da residencia de maiores de Pol

Este ano é o quinto aniversario da residencia de maiores de Pol, e quixemos celebralo con eles!

Levámoslles unhas trufas de chocolate cociñadas polo alumnado de 3º ciclo de Primaria e disfrutamos con eles durante parte da xornada.

Álbum: CURSO 23-24 -> 41. ANIVERSARIO RESIDENCIA

Cuestionario de hábitos alimentarios Nutriescolas

Bos días,

Este ano estamos a traballar co Plan Proxecta ‘Nutriescolas’ temas relacionados coa nutrición e a alimentación saudable. Coa intención de encamiñar a nosa actuación de fronte ao ano que vén, gustaríanos que completásedes un breve cuestionario (non leva máis de 5 minutos).

O cuestionario é totalmente anónimo.

Un saúdo e moitas grazas.

Alimentando historias

No día das Bibliotecas Escolares, os nenos e nenas de 3º ciclo de Primaria crearon unhhas historias que falaban da alimentación saudable e a súa importancia. Con elas, o resto dos alumnos do cole fixeron unhas bandas deseñadas.

Que vos parece se lles botamos un ollo?

Xeados saudables

Nesta data, por cursos baixamos ao comedor para elaborar (coa axuda da nosa cociñeira Azucena) os nosos propios xeados saudables de fresa e plátano, con iogur e froita natural que poderemos degustar de sobremesa no menú do comedor de mañá.

Álbum: CURSO 23-24 -> 38. XEADOS SAUDABLES

Probamos a comida da India!

Hoxe comemos un menú moi especial cociñado pola nosa fantástica auxiliar de conversa e a súa parella. 

Con moito agarimo preparáronnos tres pratos típicos da cociña da India:

Estaba todo boísimo!

Visita á lonxa e ao MUNCYT en A Coruña

Hoxe pasamos o día na cidade de A Coruña. Pola mañá, o alumnado visitou á lonxa onde explicaron o seu funcionamento así como a captura e conservación do peixe. Pola tarde, estivemos no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) onde nos ensinaron a evolución dos descubrimentos e inventos ata os nosos días. Tamén se fixo un taller de experimentación con instrumentos de laboratorio relacionado coa contaminación marina. 

Álbum: CURSO 23-24 -> 35. LONXA E MUNCYT

Hoxe cociño eu!

Hai unha sobremesa que triunfa sempre neste cole: a torta de Oreo.

E o mellor é que non soamente gozámola cando a comemos, tamén nos encanta cociñala!

Álbum: CURSO 23-24 -> OS REPOSTEIROS!

Brocheta de froita DIY!

Hoxe fixemos de merenda unhas deliciosas brorchetas de froita!

Cada un puido escoller a froita que quería e, ao final, non sobrou absolutamente nada!

Álbum: CURSO 23-24 -> 34. BROCHETAS

Comendo ensaladas de autor

A finais do mes pasado, cada clase creou a súa propia 'ensalada de autor', e este mes fixémolas realidade no menú do comedor escolar.

Que aproveite!

Álbum: CURSO 23-24 -> 28. ENSALADAS DE AUTOR
Distribuir contido