Menú febreiro

Listado de alérxenos do menú deste mes

Para acceder ao resto de menús, preme AQUí

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Neste día conmemoramos o Día da Paz e entre todos decoramos as plumas dunha pomba coa finalidade de simbolizar este día. Ademais, nelas podíanse ler palabras como “RESPETO”, “AMOR”...todas elas importantes para conseguir un mundo no que reine a paz.

 Tamén tivemos a representación dun conto con títeres no que a temática estaba relacionada coa celebración de dita conmemoración.

Álbum: CURSO 23-24 -> 18.DÍA DA PAZ

Menú de xaneiro

Listado de alérxenos do menú deste mes

Para acceder ao resto de menús, preme AQUí

CHEGARON OS REIS MAGOS

No local da ANPA, os Reis Magos deixaronnos uns agasallos para facernos máis divertidos os recreos.

Milleiros de grazas!!

Álbum: CURSO 23-24 -> 17. REIS MAGOS

Talleres de Nadal en familia

Neste último día antes das vacacións de Nadal, gozamos dunha xornada festiva co acompañamento dalgunhas das familias, que coa súa xenerosidade nos axudaron na elaboración de diferentes talleres navideños, que consistiron na realización de pulseiras, adornos, decoración de calcetíns e merendas navideñas, que despois puidemos degustar, para despedir o ano e o trimestre.

 

Álbum: CURSO 23-24 -> 16. NADAL

Saída ao cine

Hoxe fomos a Lugo ao cine a ver a película de Wish. Alí disfrutamos dunha xornada diferente, xa que tamén demos un paseo pola cidade amurallada, na que puidemos ver as luces e a decoración da cidade nestas datas, así como visitar a Muralla.

 

Álbum: CURSO 23-24 -> 15. SAÍDA AO CINE

Visita á Residencia de Maiores

No día de hoxe, visitamos a Residencia de Maiores de Mosteiro, con motivo do envío de postais navideñas que realizaron os nenos e nenas para ferlicitarlles aos maiores as festas do Nadal. Alí gozamos dunha xornada moi especial, na que nos ofreceron uns doces de merenda, así como tamén uns agasallos, dos cales estamos moi agradecidos.

 

Álbum: CURSO 23-24 -> 14. VISITA Á RESIDENCIA

VISITA TOÑO NÚÑEZ

Hoxe tivemos a sorte de recibir na nosa Biblioteca ao escritor Toño Núñez acompañado de Xosé Manuel do Castro e o seu acordeón, con eles cantamos, bailamos e contamos unha morea de contos.

Moitas grazas Toño, por traernos a túa arte ao noso colexio. 

Álbum: CURSO 23-24 -> 12. VISITA DE TOÑO NÚÑEZ

VISITA AO CASTRO DE VILADONGA

Hoxe fomos de visita ao Castro de Viladonga, alí fixemos un carro, e disfrutamos dunha exposición de xogos tradicionais.

Álbum: CURSO 23-24 -> 11. VISITA AO CASTRO DE VILADONGA

Visita da Apalpadora

Hoxe tivemos a visita da Apalpadora na biblioteca do centro e o alumnado puido desfrutar da súa historia de tradición galega acompañada de música e participar nas súas cancións.

 

Álbum: CURSO 23-24 -> 10. VISITA DA APALPADORA
Distribuir contido

Os lupitos de Infantil