CONTACONTOS

Que alegría ver outra mamá na biblio. Gracias Ana por vir pasar un ratiño con nós e contarnos uns contos;  agora con esa variña seremos uns auténticos magos e magas. 

Álbum: CURSO 23-24 -> 44. CONTACONTOS ANA

V aniversario da residencia de maiores de Pol

Este ano é o quinto aniversario da residencia de maiores de Pol, e quixemos celebralo con eles!

Levámoslles unhas trufas de chocolate cociñadas polo alumnado de 3º ciclo de Primaria e disfrutamos con eles durante parte da xornada.

Álbum: CURSO 23-24 -> 41. ANIVERSARIO RESIDENCIA

Cuestionario de hábitos alimentarios Nutriescolas

Bos días,

Este ano estamos a traballar co Plan Proxecta ‘Nutriescolas’ temas relacionados coa nutrición e a alimentación saudable. Coa intención de encamiñar a nosa actuación de fronte ao ano que vén, gustaríanos que completásedes un breve cuestionario (non leva máis de 5 minutos).

O cuestionario é totalmente anónimo.

Un saúdo e moitas grazas.

Día do medioambiente

Para celebrar o día mundial do Medioambiente, transplantamos leitugas e tomates que sementamos no noso sementeiro e tamén plantamos arándanos, unha maceira e unha moreira.

Feliz día do MEDIOAMBIENTE!

Álbum: CURSO 23-24 -> 45. DÍA DO MEDIOAMBIENTE

Curiosidades dos seres vivos

Este ano descubrimos unha chea de cousas interesantes sobre os seres vivos e o alumnado de 3º ciclo de Primaria recompilou toda a información neste libro.

Esperamos que o disfrutedes!

Curiosidades dos seres vivos

Cata de froitos de outono e verán

Como xa sabedes, este ano probamos moitas comidas novas e, entre elas, descubrimos moitos froitos propios do outono e do verán.

Ademais de facer varias catas no comedor do cole nas que degustamos os froitos de tempada (seleccionados polo alumnado de 2º ciclo de Primaria) e eliximos os que máis e menos nos gustaban, os nenos e nenas de 3º ciclo buscaron as súas características e realizaron estes carteis informativos.

Álbum: CURSO 23-24 -> 13. CATA DE FROITOS DE OUTONO E VERÁN

Alimentando historias

No día das Bibliotecas Escolares, os nenos e nenas de 3º ciclo de Primaria crearon unhhas historias que falaban da alimentación saudable e a súa importancia. Con elas, o resto dos alumnos do cole fixeron unhas bandas deseñadas.

Que vos parece se lles botamos un ollo?

Menú de xuño

Listado de alérxenos do menú deste mes

Para acceder ao resto de menús, preme AQUí

Como acceder á Aula Virtual

O alumnado de 5º e 6º gravou este titorial explicando como acceder á Aula Virtual do centro.

Esperamos que vos guste!

Despedida da nosa auxiliar de conversa

Esta semana despedimos á nosa auxiliar de conversa, Priyanka, procedente da India, con ela fixemos un Proxecto sobre o seu país e a súa cultura. Fixemos un mural, escribimos os nosos nomes en hindi e máis degustamos un menú indio. 

Distribuir contido

Os lupitos de Infantil