Novidades lectoras de setembro

Lupi quérevos mostrar as novas aquisicións lectoras do mes de setembro. Na súa biblioteca poderáse ter o placer de desfrutar delas.

Inicias esta viaxe con nós?

Comezamos unha nova aventura das mans de Lupi, co proxecto

"Lupi e o Compás Máxico".

Este curso temos un longo camiño por descubrir, deixádevos levar e veredes onde ides parar!

A DESFRUTAR!!!

 

 

 

Libros de texto e material para o curso 2024-2025

A continuación xúntanse as listaxes de material e de libros de texto para Educación Primaria 2024-2025

Bo verán!

O recetario de Lupi

Acordádesvos das receitas que nos destes? Pois as xuntamos todas e fixemos este libro: O receitario de Lupi!

Esperamos que vos guste!

O recetario de Lupi

SERVIZO DE COMEDOR CURSO 2024-2025

AXUDAS COMEDOR

Instrución 1/2024, da secretaría xeral técnica da consellería de Cultura, educación, formación profesional e universidades, do 1 de Xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2024-2025

 

Aberto prazo axudas pagamento comedor curso 2024-2025 ata o luns 1 de xullo.

 

NOTA: O impreso pódese solicitar no colexio ou imprimilo dende ficheiros adxuntos (ver máis abaixo) e deberán entregarse presencialmente no centro educativo en horario de 10:00 a 13:30.

 

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA (alumnado novo no centro)

Formalización da matrícula en E. Infantil e Primaria: DO 20 DE XUÑO AO 1 DE XULLO DE 2024, ambos os dous incluídos. Horario de 10:00-13:30 horas.

 

Documentación necesaria para a formalización en arquivos adxuntos.

Poden solicitar os impresos en formato papel no colexio.

 

***IMPORTANTE: é preciso que no formulario de matrícula aparezan as firmas do pai e da nai do alumno/a a matricular.

 

Distribuir contido