Iniciar sesión
SECRETARÍA
Proxecto Ríos - Día do Medio Ambiente
admin — Mér, 07/06/2023 - 10:02
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria achegámonos ao Río de Seira, que o cole temos apadriñado no Xeovisor da Consellería de Medio Ambiente, e comprobamos a boa calidade das súas augas.
Coñecemos as árbores de Fondóns e atopamos macroinvertebrados como limnephilidae, efémeras, garridae, oligoquetos, múltiples odonatos coa súa curiosa mandíbula ou os curiosos sericostomatidae que fan a súa casiña de area.
Localizamos algúns anfibios, coñecemos algunhas especies invasoras e, finalmente, comprobamos que a auga estaba a 15º e con bos niveis de osíxeno, pH e nitratos.
Con todos os datos, concluímos que a calidade das augas deste afluente do Río Sar é boa e así o faremos constar no Xeovisor da Xunta de Galicia.
Gran experiencia na Natureza!!!
Calendario
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 |
14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 |
21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 |
28 | 29 | 30 | 31 |