Iniciar sesión
SECRETARÍA
Información - Eleccións Consello Escolar
admin — Lun, 07/11/2022 - 13:30
ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR
Resolución 19 de setembro de 2022
D.O.G. 30 setembro 2022
De seguido imos dar unhas breves indicacións sobre o proceso de renovación ao consello escolar:
Cantos membros corresponde renovar este curso no consello escolar, sector “nais/pais”?
Serán dous postos os que hai que renovar.
Cantos nomes se poden seleccionar na papeleta de votación?
Un nome. Só se poderá marcar UN candidat@ na papeleta.
Que hai que facer para presentar candidatura?
Cubrir a solicitude no colexio, até o 18 de novembro de 2022 ás 14:00 h.
Quen pode votar?
A nai, pai, ou titor/a legal. TODOS/AS
Como se constituirá a mesa de votación?
Por sorteo, entre as nais, pais, titores legais do alumnado. A mesa electoral estará constituída por catro nais/pais e o director do centro.
Cando serán as votacións?
O martes 29 de novembro, a partires das 9:35 h.
Onde se votará?
Únicamente na mesa que se constituirá no colexio. Non se admitirán votos por correo.
Para poder votar, hai que identificarse?
Si, con calquera documento oficial, con foto (DNI, pasaporte, carné de conducir,...)
Quen pode resolver as dúbidas sobre o proceso electoral?
No DOG do 30 setembro de 2022, ou calquera membro da xunta electoral, ou directamente na dirección do colexio.
Animamos a todas/os a participar nestas eleccións, xa que todas/os temos responsabilidade na educación, formación dos menores.
O director
Calendario
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |