Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
Alumnado de 6º de educación primaria ---> RESERVA DE PRAZA / SOLICITUDE DE ADMISIÓN para o curso 2023-2024
loli — Sáb, 14/01/2023 - 19:04
As familias que queiran que @ seu/súa fill@ estude 1º de Educación Secundaria Obrigatoria no IES Lucus Augusti, centro de adscrición do CEIP Rosalía de Castro, terán que entregar a solicitude de reserva de praza do día 16 de xaneiro ao 6 de febreiro na secretaría do noso centro (Anexo I). Tamén poden presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da aplicación admisionalumnado (https//www.edu.xunta.es/admsionalumnado).
As familias que queiran que @ seu/súa fill@ estude 1º de Educación Secundaria Obrigatoria noutro centro distinto ao IES Lucus Augusti terán que entregar a solicitude de admisión de praza do día 1 ao 21 de marzo (Anexo II). A solicitude de admisión a presentarán a través da aplicación admisionalumnado (https//www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Tamén poderán presentar a solicitude de forma presencial no centro que elixiron como primeira opción ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.
VER DOCUMENTO ADXUNTO
Adxunto | Tamaño |
---|---|
reserva praza.pdf | 110.75 KB |