Escola aberta
Profesorado
Familias
Iniciar sesión
TropaVerde e o Concello premian a reciclaxe no noso centro
loli — Dom, 05/03/2017 - 19:25
A Casa da Xuventude acolleu o día 17 de febreiro la entrega dos premios da campaña "Reciclar na escola ten premio" de recollida de xoguetes en bo estado, nin bélicos nin sexistas, enmarcado no programa Tropa Verde. O acto estivo presidido pola alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o concelleiro de Densenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro; un dos socios da empresa Teimas, encargada da iniciativa Tropa Verde, Ricardo Vila; e o presidente provincial da Cruz vermella de Lugo, Luis Abelleira.
Na campaña implicáronse os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º y 6º de Primaria, pero o primeiro premio recaeu na clase de 3º A del CEIP Rosalía de Castro que conseguiu recoller o maior número de xoguetes, non só do noso centro, senón do resto dos centros que colaboraban nesta iniciativa. Os alumnos foron agasallados con medallas, trofeos, diploma, camisetas e o premio especial como clase gañadora. NORABOA!!!