As alumnas e alumnos de 6º de Infantil e 1º, e 2º de Educación primaria,recibimos a visita do contacontos de Kalandraka.Disfrutamos escoitando as súas historias:"A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella","Aínda nada?","A viaxe de Olaf","O can de Milu" e "Froitas".
Durante a semana previa á celebraciòn do Samaín, os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria fixeron as delicias do resto dp alumnado do cole,contándolles contos de bruxas, monstruos e moito más.Aquí queda unha pequena mostra.
Con motivo da celebración do "Día das escritoras ",recibimos a visita de Dores Tembrás qu realizou diversos talleres cos alumnos/as de todo o Centro.Aquí tedes unha pequena mostra. Moitas grazas a nosa madriña.