Skip to Content

A NOSA HISTORIA

 

No curso 1975-76 empezou a funcionar como filial do C.P. de Labañou, na rúa Pontedeume s/n de A Coruña.

Nese momento había 2 pavillóns prefabricados o que facía un total de 4 aulas.

No curso 1978-79 engadiuse un 2º pavillón, por razóns de espazo xa que a matrícula era altísima, 40 alumnos/as por aula.

No curso 1980-81 o Centro, que xa tiña o nome de Rosalía de Castro, dispoñía dos tres pavillóns citados e tamén funcionaban dúas aulas, adscritas a el, no que se chamaba O Espertador, na rúa Vizcaya nº 33-35

Así mesmo, por estas datas, escolarizábanse nenos/as de 1º nivel na escola unitaria de Vioño, na praza do Padre Rubinos. Dende esta unitaria pasaban os alumnos/as ás instalacións da rúa Pontedeume, para seguir o resto dos cursos.

No curso 1981-82, a fin de completar os cursos da E.X.B. sen estar espallados en varios lugares, instalouse un 4º pavillón na rúa Pontedeume e deixáronse así as aulas de o espertador, que foron clausuradas. Agora o centro xa tiña as oito aulas para os oito niveis da E.X.B.

Sería polo ano 1982 ou 83 cando este centro se edificou, de forma independente e adoptou o nome que xa tiña de C.P. Rosalía de Castro.

Como o deterioro dos pavillóns era moi grande e como era un colexio moi solicitado, xa que a matrícula excedía os 40 alumnos por aula; viuse a necesidade de facer novas instalacións no terreo onde estaban emprazados os pavillóns.

Mentres se realizaban as obras correspondentes, trasladouse o colexio de prestado, ás instalacións antigas do C.P. Sagrada Familia. Isto foi polo ano 1984-85.

Dende estas datas ata o ano 1987 estivemos nas instalacións da Sagrada Familia.

Despois das vacacións de Semana Santa, aproximadamente polo mes de abril  do ano 1987, estreamos o novo colexio Rosalía de Castro, nas  instalación sonde estamos na actualidade.

 

 



page | by Dr. Radut