AXUDAS FONDO SOLIDARIO PARA LIBROS DE TEXTO
AXUDAS FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO
-Publicada no DOG a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/2022 (Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2021)
-Para ser beneficiario desta axuda débese ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 10.000 € (para libros de texto) ou igual ou inferior a 6.000 € (para material escolar). A renda será a do exercicio do 2019.
- O alumnado de 5º e 6º participará no proxecto E-DIXGAL, polo que non terá que solicitar as axudas para adquirir os libros de texto. Si poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar.
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos seguintes enderezos: hhhps:// www.edu.xunta.es/fondolibros e https://sede.xunta.gal. Tamén pode presentarse no centro de 11.00 a 13.00 horas.
- O prazo para a entrega da documentación é ata o 22 de xuño.