DEPENDENCIAS
EDIFICIO E INSTALACIÓNS
O Centro ocupa unha parcela cuadrangular bastante reducida polo que se trata dunha construción moi vertical. O edificio escolar ten dúas partes diferenciadas: unha dedicada a Educación Infantil e outra a Educación Primaria, comunicándose por unha rampla de acceso.
A área de Educación Infantil consta de dúas aulas separadas entre si pola zona de servizos hixiénicos. Nestas aulas están os grupos de 4º e 5º de Infantil (tres e catro anos) e sobre elas hai un patio cuberto para o seu uso.
A área correspondente a Ed. Primaria, consta dos seguintes espazos:
- Soto: Patio descuberto e cuberto (baixo e planta do edificio). Local da ANPA e almacén de material deportivo. Duchas e servizos hixiénicos. Comedor. Sala de Caldeiras. Aula de Música.
- Primeiro andar: Conserxería. Servizos hixiénicos. Almacén de limpeza. Secretaría. Dirección. Sala do profesorado. Xefatura de Estudos e Departamento de Orientación. Biblioteca.
- Segundo andar: Aula de Pedagoxía Terapéutica. Aula de Relixión Católica. Catro aula(unha de Infantil e tres de Primaria). Servizos hixiénicos de profesorado e alumnado. Cuarto de limpeza.
- Terceiro andar: Aula de Audición e Linguaxe. Aula de informática. Catro aulas de Educación primaria. Servizos hixiénicos de profesorado e alumnado. Cuarto de limpeza.
- Cuarto andar: Aula de Lingua Inglesa. Ximnasio/Salón de Actos. Servizos hixiénicos e duchas. Titoría de Educación Física. Almacén de material deportivo e teatral.