Skip to Content

UBUCACIÓN XEOGRÁFICA

Ver mapa más grande

 

Ubicación xeográfica.

            Este Centro está ubicado na zona urbana do Concello de A Coruña, entre as rúas Puentedeume, Río Avia, Río Limia e San Jaime. Trátase dunha zona coñecida como "Casas Baratas" construída nos anos 60 e colindante co barrio da Sagrada Familia por un lado e coa Ronda de Nelle por outro.

            Na contorna próxima ao Centro atopamos o Parque de Santa Maragarida e o de Vioño, a Parroquia de San Rosendo, o Centro Cívico-Social e a Biblioteca Municipal da Sagrada Familia, a Fundación Secretariado Xitano e unha oficina de Cáritas.

            Os colexios máis próximos son o CEIP Sagrada Familia, o CEIP Labaca e o CEIP Xosé Cornide Saavedra. Tamén hai que sumar a esta listaxe o CPR Karbo. No primeiro ciclo de Educación Infantil non contamos con ningún centro público próximo e entre a oferta privada destacamos "Parrulos", "Enredos" e "Pequerrechos".

            Os centros de Secundaria adscritos son o IES a Sardiñeira e o IES Rafael Dieste aínda que moito do noso alumnado cursa estudos secundarios noutros centros non adscritos: Fernando Wirtz, Urbano Lugrís, Puga Ramón, Salvador de Madariaga, etc. Temos no barrio, ademáis, a sede do Instituto de Estudos Superiores de Abanca.



page | by Dr. Radut