Skip to Content

E-mail: ceip.rogelio.yanhez@edu.xunta.gal

Telf: 988 68 50 90 - 613 09 95 61

Novas

DESPRAZAMENTOS POBOACIÓN INFANTIL

O Concello de Ramirás vén de publicar un comunicado sobre as condicións nas que deben desenvolverse os desprazamentos por parte da poboación infantil durante a situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19:

Para ver toda a información pincha no seguinte enlace.

               BANDO MUNICIPAL

Respecta as normas, pensa en ti, pensa en min, pensa en tod@s!!!

SERVIZO IMPRESIÓN CONCELLO DE RAMIRÁS

O Concello de Ramirás quere axudar a todos os estudantes empadroados co municipio que non tedes impresora e pon a vosa disposición un servizo solidario de reprografía, para que poidades acceder a todo o material escolar que precisedes.

O estudantes deben enviar, xunto cos seus datos personais (nome e apelidos, DNI e domicilio), os arquivos a imprimir á dirección de correo electrónico concello.ramiras@eidolocal.es e especificar como desexan que se lle impriman.

Para calquera aclaración chama ao  teléfono de contacto do concello:

988 49 15 23

ENVÍO MATERIAL ÁS FAMILIAS

En colaboración co Concello de Ramirás e o Concello de Gomesende, vaise  proceder ao envío dos materiais que os alumnos e alumnas teñen no colexio por se lle puideran ser de utilidade durante este período de confinamento.

O luns, 20 de abril, farán a recollida no centro e nos días posteriores irán repartindo polos diferentes domicilios.

Para calquera información poden comunicarse a través do correo electrónico ou chamando ao teléfono do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut