Skip to Content

E-mail: ceip.rogelio.yanhez@edu.xunta.gal

Telf: 988 68 50 90 - 613 09 95 61

Educación física

XOGANDO VOU, XOGANDO VEÑO!!! (2018-2019)

O xogo é a actividade propia do ser humano, presente en todos os nenos e nenas coma unha valiosa experiencia de aprendizaxe que contribúe ao san desenvolvemento da personalidade infantil.

A través do programa XOGADE queremos fomentar nestes nenos e nenas a diversión, o compañeirismo, o traballo en equipo... ademais de acercalos, en moitos casos, a súa primeira toma de contacto e inmersión en diferentes deportes.

Por este curso rematamos, para o que vén máis e mellor.

XA SABES... PRACTICA DEPORTE!!!!!

BOAS VACACIÓNS!!!

Preme na imaxe para ver máis fotos.

A VOLTA AO MUNDO NUN BALÓN (2017-2018)

Queridas familias,

un curso escolar máis que acaba ¡¡¡como pasa o tempo!!! e que nos deixou un montón de bos momentos e recordos. 

O Deporte Escolar é un destes bos momentos nos que coñecemos e nos relacionamos con outros nen@s da nosa contorna, volvemos a ver a vellos amig@s e, sobre todo, practicamos diversos deportes que nos molan moito.

 O bo de acabar é que xa queda menos para volver empezar!!!!

XA SABES... PRACTICA DEPORTE!!!!!

Boas Vacacións!!!

 

preme na foto para ver máis!!!!

MENS SANA IN CORPORE SANO (2016-2017)

Como o propio título indica, queremos conseguir que a nosa cabeza sexa FELIZ. Para iso, e xa dende fai anos, no cole de Ramirás estamos a facer todo o posible para acadalo.

Como o facemos? Pois é moi doado: hai que darlle ao corpo unha dose diaria de descanso, unha dieta saudable e un chisco ou un moito de deporte, sempre ao gusto de cada un/unha!!!

Xa o sabes PRACTICA DEPORTEEEEEEE!!!!

 BOAS VACACIÓNS!!!

SE QUERES VER ALGUNHA FOTO MÁIS PREME NA IMAXE.

XOGAR DOCE XOGAR (2015-2016)

Seguimos sumando!!!! .Xa van uns cantos anos anos adicándolle parte do noso tempo no centro ao deporte. Ademais de todos os beneficios que nos aporta tanto física como mentalmente, divertímonos un montón coas actividades que practicamos dentro do Programa Xogade.

Se queres ver máis fotos fai un clic na imaxe.

BOAS VACACIÓNS!!!!!!!!

XOGANDO DENDE RAMIRÁS PARA O MUNDO (2014-2015)

O curso escolar 2014-2015 chegou ao seu fin e con el remataron unha morea de divertidas e fascinantes actividades que esperamos repetir o vindeiro curso. Non vos impacientedes nin poñades tristes porque o XOGADE estará de volta con todos nos en pouco tempo!!!!

BOAS VACACIÓNS!!!!

 fai clic na foto para ver máis imaxes.

 

XOGANDO DENTRO, XOGANDO FÓRA... (2013-2014)

Como non podía ser doutra forma debido ao ben que o pasamos todos os anos, aos compañeiros e compañeiras que coñecemos e a unha chea de beneficios que nos aporta, neste curso 2013-2014 que xa rematou, participamos de novo no programa XOGADE. 

Aquí vos adxuntamos unhas cantas fotografías para que vexades que o que dicimos é completamente certo.

ATA O CURSO QUE BEN. SAUDIÑOS E BICOS 

Para ver máis fotos pincha AQUÍ

O XOGADE NO CEIP DE RAMIRAS (2012-2013)

Un ano máis participamos no pragrama XOGADE ofertado pola Consellería de Educación e ubicado dentro do PLAN PROXECTA.

A persar de que na nosa zona o número de centros participantes diminuiu... PASÁMOLO XENIAL!

O VINDEIRO CURSO MÁIS E MELLOR!!!!!!

Fai clic aquí para ver máis fotos.


Distribuir contido


by Dr. Radut