Skip to Content

ORGANIZÁMONOS NO CONFINAMENTO

Que tal familias??

Estamos a pasar unha situación que é nova para todos, pero con paciencia conseguiremos traballar xuntos.

Como podedes ver os mestres e mestras están a colgar as tarefas na aula virtual da páxina web do cole, tendes que familiarizarvos con ela.

Dende o departamento de orientación vou a indicar unha serie de pautas para que teñades en conta á hora de traballar cos nenos e nenas:

  1. Aínda que están na casa é importante establecer unha serie de rutinas diarias. Xa sabemos que temos que ser máis flexibles pero e importante que manteñan certo orde
  2. Dedicádelle ao menos unhas 2 horas diarias ás tarefas do cole que vos envían os mestres/as, organizádevos segundo poidades, tendo en conta aspectos como: irmáns, traballo dos pais, situación familiar…
  3. Ademais das tarefas da Aula Virtual é moi importante que os nenos e nenas lle adiquen un tempo á lectura.
  4. É moi importante tamen que realicen algún exercicio físico, se teñen terraza ou xardín estupendo, e senón bailar ou facer pilates ou ioga (en youtube hai multitude de videos).
  5. Non se deben deitar moi tarde, xa sabemos que ao non ter cole nunca teñen présa por ir para a cama, pero sería moi recomendable que se deitaran a unha hora prudente, porque senón ao día seguinte levántanse moi tarde e rompe toda a rutina.
  6. Na medida do posible o mellor sería facer as tarefas escolares pola mañá, pola tarde facer as cousas máis lúdicas (xogos, deporte, baile…),  e o tempo de lectura sería moi beneficioso antes de durmir. Pero depende de cada familia, xa que hai casas con máis de un irmán e solo un ordenador .

No apartado de orientación da páxina web do centro colguei un artigo que pode ser de moita utilidade para as familias, se podedes dedicádelle 5 minutiños a botarlle unha ollada, sempre pode ser unha axuda.

Para calquera consulta ou dúbida podedes poñervos en contacto conmigo.

Un saúdo e moito ánimo.



page | by Dr. Radut