CEIP ROBERTO BLANCO TORRES Enderezo: A Peroxa, 3, 32150 A Peroxa, Ourense Código Postal: 32150 Provincia: Ourense Concello: A Peroxa Localidade: A Peroxa Teléfono: 988206600 E-Mail: ceip.roberto.blanco@edu.xunta.es
|
|||
Rematamos o curso coas agardadas graduacións de Infantil e Primaria. Moitos parabéns a todo o alumnado polos éxitos acadados durante este ano e moitas grazas ás familias pola vosa colaboración. Quedan todas as fotos da xornada na Galería Felices vacacións e bo verán!
|
|||
|
|||
Comezamos a pechar o curso coa actuación do Poli Marchoso. Despois da súa primeira visita hai xa uns cantos meses, aprendémonos varias das súas cancións e desfrutamos cantándoas con el. Despois, demos boa conta das pizzas que nos agasallou a Anpa. Moitas grazas!! |
|||
Onte recollemos, da man da Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, o 2º Premio do Pilabot no Museo Pedagóxico de Galicia. Noraboa aos demais centros premiados e moitas grazas, de novo, a todas as familias pola vosa axuda para acadar este obxectivo!
|
|||
Recibimos cheos de alegría a nova de que resultamos premiados no concurso de recollida de pilas Pilabot! Sabiamos que fixeramos un gran traballo recollendo unha boa cantidade, pero non agardabamos ser capaces de colocarnos tan arriba entre os 150 centros participantes. Quedamos segundos na categoría B de pilas por alumno, conseguindo reciclar máis de 25kg por alumno/a. O vindeiro mércores, 25 de nós desprazarémonos ata o Museo Pedagóxico de Galicia en Santiago de Compostela para recibir o premio, dotado de 1250€ para material escolar. Estamos moi contentos! Moitas grazas a toda a comunidade educativa que se implicou na recollida de pilas e se esforzaron en traelas ata o noso cole. O traballo de todos foi recompensado! Deixamos enlace á prensa local que se fai eco da nova: https://www.laregion.es/articulo/o-ribeiro/el-colegio-dew/202406071000001301540.html |
|||
Chegou a tan agardada excursión de fin de curso! Saimos do cole ben cedo para chegar a tempo ao Castro de Vidalonga. Alí vimos un vídeo sobre a historia deste castro para despois pasar a recorrelo, sempre coas interesantes explicacións do noso guía. Ao rematar fixemos un obradoiro no que vimos como se pode facer fogo sen ter chisqueiro. E conseguímolo! Despois desprazámonos ao Pedregal de Irimia, lugar de nacemento do río Miño. Aproveitamos aquela contorna para xantar e explorar tan peculiar lugar. Xa co bandullo cheo comezamos a viaxe de volta, non sen antes facer unha pequena parada para tomar un xeado. O curso xa está rematando, pero aínda nos queda unha viaxe máis coa que non contabamos! Quedan na Galería todas as fotos da xornada. |
|||
Hoxe despedimos con moita emoción a Anas, o noso auxiliar de conversa durante os últimos 3 cursos. Agradecémoslle enormemente a súa adicación e o seu bo facer con nós. Sempre cun sorriso nos beizos e cunha extrema amabilidade, ensinounos inglés ao tempo que nos explicaba a súa cultura e tradicións. Para que non nos esqueza agasallámolo cuns detalles elaborados con moito cariño. We'll miss you!! |
|||
No día de onte desprazámonos ata a contorna do Castelo da Peroxa para realizar actividades na natureza. Ao chegar, Verónica explicounos a orixe e historia do castelo, merendamos e realizamos unha busca do tesouro que tiña preparada para nós. Tras dar con todas as pistas e atopar o cofre cheo de moedas (de chocolate) demos por rematada a xornada e volvemos para o colexio. Queremos agradecer ao Concello da Peroxa pola organización desta xornada e tamén á cafetería O Castelo, onde fixemos unha parada para comer un biscoito. |
|||
|
|||