Skip to Content

INFORMACIÓN ACERCA DO ENTROIDO.

 

ENTROIDO 2019-2020

Estimadas familias:

Mañá venres 21 de febreiro terá lugar o festexo do entroido do centro.

Como ben sabedes as familias a través dos vosos fillos e fillas, este ano iremos de ferreiros E.P. dado a que o PLAN PROXECTA, este curso xira en torno a esa temática e  de SEMÁFAROS, os alumnos e alumnas de E.I., temática elixida pola mestre titora.

Os nenos e nenas virán vestidos con camiseta e pantalón escuro, preferentemente negro.

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º, ademais traerán, como ben sabedes, o tutú en branco, con estrelas, puntos ou cores se xa se ten ou ao gusto da familia mentres o fondo sexa en branco.

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º tutú laranxa ou amarelo

Os alumnos de 5º e 6º que non vaian de ferreiros ou ferreiras tutú amarelo, vermello ou laranxa, ao gusto.

Os nenos e nenas que actuaron da obra virán caracterizados de ferreiros e ferreiras.

O festexo consistirá no acostumado paseo arredor da praza do Concello.

Os nenos e nenas prepararanse despois do recreo polo que antes das 13:00 horas non se sairá.

Iremos cantando a coñecida canción practicada no colexio por todos e todas.

Aquí tedes a canción creada polos noso alumnado e centrada no tema dos ferreiros que estamos a traballar no Plan Proxecta de este ano, como sinalei ao comezo.

O periodo de vacacións de entroido é dende o venres 21 de febreiro ata o xoves 27 de febreiro como podedes ver no calendario de EVENTOS marcado na parte esquerda da wb.

Dende o CEIP de Riotorto, desexámosvos un feliz entroido.

 

AnexoTamaño
Canción dos ferreiros.mp34.51 MB


page | by Dr. Radut