O alumnado de 1º e 3º ciclo de Ed. Primaria asistíu a 2 saídas musicais.
Por unha banda, o alumnado máis cativo acudíu á representación "As 4 estacións de Vivaldi" promovida polo Concello de Muros. Pola outra, os maiores, foron a un concerto de música da Real Filaharmonía de Galicia celebrada no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.
Neste primeiro trimestre o alumnado de Ed. Primaria participou en diferentes torneos durante o recreo de balonmán e brile enmarcados dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva de Centro (Plan Poxecta+). Esta acción ten como finalidade o fomento da actividade física así como a creación de hábitos saudables.
O alumnado do centro está a facer diferentes actividades relacionadas coa lingua galega. A máis salientable é a creación conxunta dun conto viaxeiro titulado: Que pasou na Pedra do Cadro?