Skip to Content

APA

ESCOLA DE FAMILIAS- ALFABETIZACIÓN EMOCIONAL CO MÉTODO EN SUS ZAPATOS

Os vindeiros día 11/05/23, 15/05/23, 25/05/23 e 1/06/23 levarase a cabo a Escola de familias que está organizada pola ANPA do centro en colaboración co CAFI. O horario da formación será de 17:30 a 19:30 e o lugar, a Biblioteca do centro.

A ANPA informa que, para as familias que o desexen, a asociación, porá servizo de atención aos nenos/as que estarán a cargo dunha persoa da ANPA. 

Durante estas 4 sesións, todas as persoas asistentes aprenderán de xeito práctico, guiados pola especialista Susana Vales Cancela, profesional que emprega o "Método de alfabetización emocional "En sus zapatos". 

Para máis información sobre o método, podedes ollar a infografía adxunta.

CONTOS GAÑADORES DO PREMIO "MESTRE XOSÉ AGRELO 2015"

     Xa temos dispoñibles os contos gañadores desta edición dos premios "MESTRE XOSÉ AGRELO", convocado pola ANPA do colexio desde o ano 2000. Nesta ocasión, e como novidade, volos presentamos a través duns vídeocontos editados no centro e coa colaboración de personaxes coñecidos do audiovisual galego, que fixeron unha gran aportación totalmente desinteresada, e aos que queremos agradecer enormemente que perderan un pouquiño do seu tempo, e cederan a súa profesionalidade para os nosos alumnos.

     Antes, tamén queremos facer unha mención especial aos 28 participantes que non acadaron premio, pero que presentaron uns contos moi bonitos, orixinais e con moita ilusión. Animámolos para que sigan escribindo, xa que o esforzo,normalmente soe ter recompensa.

     E por último, os nosos parabéns para os catro autores gañadores (tres rapazas e un rapaz) que demostraron que a creatividade e o bó facer non están reñidos coa idade. Vós mesmos, podédelo comprobar nos contos que aquí vos presentamos.

 

CATEGORÍA INFANTIL - "O SOL ESTÁ ENFERMO"

 

 

 

CATEGORÍA 1º CICLO - "AS MAZÁS MÁXICAS"

 

 

CATEGORÍA 2º CICLO - "MEDO"

 

CATEGORÍA 3º CICLO - "CARNOTA"

Distribuir contido


by Dr. Radut