Conscientes dos recortes que en materia educativa estamos a sufrir todas as familias por parte das administracións e no contexto da actual situación económica que cada día afoga a máis familias, a ANPA ALBORADA do CPI RIBEIRA decidiu crear un banco solidario de libros de texto cara ao próximo curso 2013/ 2014.
A intención é proporcionar unha medida de apoio ás familias mediante a cal poidan conseguir alomenos, algúns libros de texto para o curso seguinte e aliviar así , no que se poida, a carga que supón a adquisición de todos os libros. Así mesmo, entendemos que o aproveitamento dos libros e unha medida que fomentanos rapaces diversos valores como a colaboración, a solidariedade e a responsabilidade no coidado dos recursos e o respecto polo medio ambiente.
Esta é unha experiencia nova para nós e non sabemos cómo funcionará, polo cal, non podemos asegurar que estean dispoñibles todos os libros para todas as familias cara ao curso que ven, mais unha cousa é segura, cantas máis familias aportemos ao banco de libros, máis doado será atopar os libros que necesitamos.
A colaboración de toda a comunidade educativa é imprescindible (pais/nais, mestres/as, alumnos/as...) aconsellando e recomendando aos alumnos/as durante o curso e dende as aulas e os fogares, que coiden os libros para que poidan ser reutilizados.
As bases e os impresos de participación podes descargalos no arquivo adxunto.