Skip to Content

Dramatización

RETO 5

 

RETO 5- DRAMATIZACIÓN

Adiviña que personaxe é!

 

Vídeo ata o min.5:15, xa que as voces que hai que adiviñar non son do noso país, senón de Latino América.

https://www.youtube.com/watch?v=XMYCG_fISt4

         Apetécete imitar a voz, forma de camiñar e vestir dalgún destes ou destas personaxes? Envía a: martineznunez@edu.xunta.gal

Reto 4

RETO 4

 

Vai de contos

Escolle un ou unha personaxe dun  conto clásico e caracterízate! Crea a túa indumentaria e ponlle voz e xestos ao mesmo ou mesma. Con que simules unha parte do conto é suficiente. Se podes facelo con alguén máis de forma que actúen varios ou varias personaxes mellor!

Esperamos o resultado! Envíao a: martineznunez@edu.xunta.gal  Tamén podes enviarnos fotos ou vídeos de propostas pasadas e se contas co permiso de protección de datos e che apetece, subiremos a túa creación a Instagram

Reto 3

RETO 3-DRAMATIZACIÓN

 

En honor as letras galega, data que celebramos todos/as o vindeiro mes, lanzamos  a nosa proposta!

O rap da lingua de Migallas!

https://www.youtube.com/watch?v=6OTB4QKCPFE

 

Inspírate no rap que poderás escoitar no enlace e crea o teu propio look! Ben seguro sodes unhas rapeiras e uns rapeiros ben molóns!

 

 Envíanos o teu look, postre ou caixiña dos tesouros a: martineznunez@edu.xunta.gal  Tamén podes enviarnos fotos ou vídeos de propostas pasadas.

Esperamos que o pasedes pipa cos retos! Se tes un reto para ofrecer os teus compañeiros e compañeiras en relación cos obradoiros  podes envialo a esa dirección de corrección e o propoñeremos da túa parte!

                                                            Unha aperta enorme das e dos profes!

 

Reto 2

Por aquí vai a segunda quenda de retos dos obradoiros.

Se te animas podes enviarnos un vídeo ou foto das túas creacións, tanto as dos restos anteriores coma estas que propoñemos a continuación e serán colgadas no Instagram do centro: ceipribeira, de forma anónima ou pondo o teu nome e curso para que todos/as coñezan o/a gran artista que es.

Envíaas a: martineznunez@edu.xunta.gal

 

RETO 2-DRAMATIZACIÓN

Sombras ben sinxelas.

Monta unha historia con estas sombras.

Podes buscar máis pero estas son as máis sinxelas.


Reto1 Dramatización

RETO 1-DRAMATIZACIÓN 

Anima a alguén de casa para porlle voz os diferentes personaxes destes anacos de pelis de Disney! Dobrar películas é algo moi entretido e gracioso!

Empeza con este, só para dobrar a Ana da película Frozen: https://www.youtube.com/watch?v=OcwISytCYrA

Estes duran pouquiño, un é para practicar unha situación triste e outro para un momento divertido:

https://www.youtube.com/watch?v=AqEE11nSU_A

https://www.youtube.com/watch?v=nDg5ReK4Qq4

Este é o máis longo, para cando sexades espertos/as J

https://www.youtube.com/watch?v=U6Zqo3AleSg

  

Un saúdo enorme de parte de todos e todas as profes!!

Fotos

Distribuir contido


       

BiblioCreativa

by Dr. Radut