Dime e esquezo, ensíname e recordo, involúcrame e aprendo"
B. Franklim
Dende a Cumbre de Lisboa, fai 20 anos, deuse resposta as necesidades da educación formal a través dunha fórmula didáctica que combinaba o saber ser, saber estar, saber facer e saber saber (ou aprender a aprender). O resultado de dita fórmula foron as Competencias Clave, elemento curricular ben coñecido por todos/as nos na actualidade.
Non foi moi difícil entender o propósito ou significado das mesmas, senón que o maior reto para os centros docentes foi o feito de coñecer a resposta deste interrogante: como facelo?
A cada un lle levou o seu tempo, pasar dun proceso de ensinanza-aprendizaxe baseado en materias (matemáticas, lingua, sociais...) a un estruturado por competencias, tendo en conta que as materias non podían deixar de existir.
Na actualidade, mellorar o sistema educativo en cada centro con respecto ao traballo deste elemento curricular segue sendo un reto. Especialmente, sabendo que hai que ter en conta outros moitos elementos como por exemplo a motivación das nenas e nenos.
E precisamente na procura desa mellora, o CEIP Plurilingüe da Ribeira, propúxose para este ano académico 2019/2020 organizar a materia de Plástica en tres obradoiros: arte, dramaturxia e cociña. Tres obradoiros vinculados co proxecto deste ano académico: a música, e tamén entre lazados de xeito que cada celebración ou data sinalada (como pode ser o Samaín ou o Nadal) se realice baixo un traballo coordinado.
Tres obradoiros estupendos para acadar o aprendizaxe cooperativo e a creatividade, reflexando o propio grupo que compón cada obradoiro as súas obras en equipo pero a súa vez, posibilitando que cada alumno/a se exprese individualmente e aporte a súa parte en cada produción.
Todo o alumnado, de xeito trimestral, rota por cada un destes espazos, para que todas e todos podan adquirir as habilidades correspondentes. Así como compartir momentos con compañeiros e compañeiras doutros niveis educativos e cursos e sobre todo gozar das actividades propostas en cada un.
Actualmente, debido a situación que está a acontecer, o desfrute compartido non é tan doado, pero non queremos deixar os nenos e nenas do noso CEIP sen sentir que seguen sendo parte de dramatización, cociña e arte! Polo que nos vemos no deber e no pracer de achegar a toda a Comunidade Educativa unha serie de retos en cada un dos obradoiros, que involucre a familia nos mesmos e que posibilite as alumnas e alumnos seguir beneficiándose desta organización da materia de Plástica.