Skip to Content

Curso 2015/16

Exposición: Nos ollos de Torneiros

O CPI da Ribeira
Comprácese en convidalos a visitar a exposición de fotografía:


Nos ollos de Torneiros
Fotografías do alumnado de 4º ESO

Casa de Cultura do Porriño

Horario:
de luns a venres de 9:00 a 21:00 h
Sábados de 10:00 a 14:00 horas

 

 

 

O alumnado de 4º da ESO do CPI da Ribeira presenta a exposición de fotografía “Nos ollos de Torneiros” na Casa de Cultura do Porriño, resultado do obradoiro realizado co fotógrafo Tono Mejuto.

 

A actividade enmárcase dentro do proxecto Fotografía en Curso (Plan Proxecta da Xunta de Galicia). Conta coa colaboración do Concello do Porriño, e consiste en dar a coñecer a contorna do centro educativo dos rapaces a través das súas fotografías e do seu ollar. O acto de inauguración contará coa presentación da exposición do propio alumnado e un breve acto musical.

 

Este proxecto innovador, no que participan as profesoras Mar Cuba Taboada (Francés), África Álvarez Outerelo (Música) e Cristina González Treceño (Ed. Plástica) pretende introducir a fotografía nas aulas e permite ao alumnado mellorar a técnica fotográfica, estimular a súa creatividade e espertar afeccións artísticas.

 

A exposición, que se poderá visitar do 17 de xuño ao 1 de xullo, pon fin a meses de duro traballo no que os rapaces foron transformando a súa mirada e perfeccionando a súa técnica fotográfica. Este traballo favoreceu o desenvolvemento de distintos proxectos interdisciplinares no centro, así como obradoiros de escritura e fotografía, algúns deles impartidos polo propio alumnado de 4º aos seus compañeiros de cursos inferiores.

RELACIÓN DE ALUMNADO GAÑADOR DO CONCURSO: "OLIMPIADAS DE RIBEIRA"

 

 

Alumnado gañador da memoria de 16 GB con entrada USB  e para o móbil:

  • Categoría de Educación Primaria: Enzo, Miguel, Ángela, Jennifer e Sergio.
  • Categoría de 1º e 2º de ESO: Paula, Kevin, Laura, Christian, Elián e Tatiana.
  • Categoría de 3º e 4º de ESO: Alejandro, Isabel, Zoe, Jose, Judit e Celine.

 MOITAS GRAZAS A TOD@S @S QUE PARTICIPARON E NORABOA  A TOD@S @S GAÑADORES.

Festival do CPI da Ribeira

O día 27 de maio tivo lugar o Festival das Letras Galegas 2016. Este o alumnado participou interpretando pezas musicais e poemas de Manuel María. As familias puideron comprobar as/os artistas que teñen na casa.

Ao rematar, como o Proxecto de centro deste ano é sobre as Olimpíadas, no pavillón de centro o alumnado de EI, EP e da ESO bailaron diferentes cancións, entre elas o sirtaki, baile tradicional do país a quen debemos as Olimpíadas.

Homenaxe a Manuel María

O alumnado de 6º de Educación Primaria quixo rendirlle unha homenaxe a Manuel María elaborando este vídeo onde nos relatan a súa vida e nos recitan algúns dos poemas que máis lles gustaron.

Danlle as grazas ao alumnado de 4º de ESO que compartiron as fotografías da súa exposición de Pingas d'auga.

FESTIVAL DE CURTAMETRAXES DE CANS

 O alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria acudiu á XIII edición do festival de Cans o día 19 de maio.

 Participaron na homenaxe as vítimas dun accidente de circulación ocorrido no ano 1953, no que morreron xentes de toda a contorna que acudían á feira de Ponteareas. Xunto ao alcalde de Salceda e a unha emigrante retornada de Arxentina depositaron un ramo de flores no monumento que financiaron varias asociacións.

 Realizaron un percorrido polos principais enclaves nos que teñen lugar os actos máis salientables deste certame e visionaron dúas curtametraxes: unha de ficción e outra de animación.

 Tiveron guías moi cualificados que os documentaron sobre o contido deste festival e puideron conversar con Nieves Álvarez, presentadora da RTG e actriz, e con Manuel Barreiro, cámara. Contáronlles como son as súas profesións, trucos audiovisuais...e fixeron especial fincapé no valor do esforzo para acadar as metas que cada un se propón.

Visita ás instalacións da Madroa do Celta de Vigo do alumnado do CPI da Ribeira

Dentro das actividades que se están a desenvolver este curso escolar no proxecto de centro "As Olimpíadas", alumnado de Edución Primaria e de 1º da ESO visitaron as instalacións do Celta de Vigo na Madroa, onde puideron asistir a un entrenamento do equipo.

Agradecemos especialmente a cortesía do Real Club Celta de Vigo e, en especial, dos xogadores, que nos acolleron e nos atenderon con dedicación e amabilidade.

Afouteza!

Foto: Faro de Vigo

ALUMNOS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPAN NO REBÚMBIO MATEMÁTICO

O venres 22 celebrouse a fase de zona do XVI Rebumbio Matemático para alumnado de 6º de Educación Primaria. Está organizado por AGAPEMA e conta coa colaboración da Xunta e do concello de Coruña.

A proba, consiste na resolución de seis actividades competenciais  por parte dos tres membros de cada equipo traballando conxuntamente, de maneira cooperativa.

O CPI da Ribeira estivo representado por estes tres grandes matemáticos:

Grazas polo voso esforzo.

Viaxe a Lyon (Francia) do alumnado de 4º ESO

O alumnado de 4º de ESO participou nunha viaxe escolar á cidade francesa de Lyon, onde se adentraron no coñecemento da cultura francesa, gozando coa beleza artística e paisaxística desta vila do leste de Francia.

Para a realización desta actividade, foi necesario moito traballo por parte do alumnado, a implicación das familias e do profesorado do centro. Foi a participación de todas o que permitiu ao alumnado de 4º dunha experiencia educativa tan rica. De seguro que lles quedan gañas de repetir. Á la prochaine fois!

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2016

Ola a todas/os:

Até o próximo día 28 de abril está aberto o prazo de solicitudes de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016.

Toda a información poderedes atopala en : https://www.edu.xunta.es/axudasle/

 

Campamentos de Verán da Xunta de Galicia. 2016

Está aberto o prazo para solicitar praza nos Campamentos de Verán organizados pola Xunta de Galicia. A oferta de campamentos é moi ampla, desenvolvéndose cunha duración dunha ou dúas semanas durante os meses de xullo e agosto.

Poderán participar todas/os as nenas/os nacidas entre o 1998 e o 2007. 

O prazo de solicitudes remata o 23 de abril de 2016. Achegámosvos a ligazón onde podedes consultar as bases da convocatoria.

As solicitudes pódense presentar por vía electrónica, a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, ou en calquera dos rexistros da Xunta.

Distribuir contido


       

BiblioCreativa

by Dr. Radut