Aquí tedes o vídeo tan esperado, feito con moito traballo, pero sobre todo con moito cariño. Noraboa a todos/as os/as que o fixestes posible , porque nel refléxase o que nos somos, a esencia do noso cole, SOMOS RIBEIRA!!!...TEIMUDOS PERDIDOS !!!...disfutadeo moito !!!
O festival de fin de curso terá lugar mañá, día 20 de xuño. Comezará as 10:30 e rematará as 13 horas aproximadamente. Convidamos a toda a comunidade educativa a asistir.
A saída de fin de curso para Educación Infantil e Primaria terá lugar o xoves día 21. Sairemos en horario de mañá e voltaremos ao Centro as 18 horas. Lembramos que todas as familias deberán recoller ao alumnado no CEIP da Riberia.
Hoxe, 11 de xuño, tivo lugar en Pontevedra a entrega dos premios aos finalistas dos relatos curtos presentados ao concurso. O noso centro estivo representado por Laura R. L.
O escritor Galego Marcos Calveiro tivo unha charla cos nosos alumnos de 4º e 5º de Primaria para falar da súa obra "Unha casiña branca", logo que os rapaces leran a súa obra. O escritor achegounos á realidade do problema dos residuos que xeramos, e como afectan ao noso planeta e as creaturas que vivimos nel.
O día 2 de xunio celebráronse en Santiago as probas de estímulo do talento matemático. Presentáronse 330 estudantes, entre eles dous alumnos do noso centro: Izan e Laura.