PRIMEIRA XORNADA DE CONVIVENCIA DO ALUMNADO DO PROGRAMA DE REFORZO CO CEIP ANTONIO PALACIOS
Oxoves, día 22 de marzo, terá lugar a primeira xornada de convivencia entre o alumnado dos programas de reforzo do noso centro e o CEIP Antonio Palacios. Ao mediodía faremos un xantar conxunto para continuar cunha visita guiada as instalacións do noso centro e rematar cunha sesión de xogos.
Os obxectivos que nos propomos son:
- Mellorar as relacións entre o alumnado do mesmo barrio que acoden a centros próximos.
- Favorecer as relacións sociais no entorno próximo, a participación e colaboración fronte á competitividade e o individualismo característicos da sociedade actual.
- Potenciar a relación intercentros.