Reto 4
RETO 4
Queres Sándwich? decide como facelo ;)
1. A modo Xaponés
Escolle os ingredientes: dende chope, pavo, queixo, paus de marisco, olivas…Corta en tiras o pan e a facer rolliños! Usa manteiga , crema de queixo ou unha textura similar para que queden ben pegadiños.
2. Que metan medo!
Mellor cun adulto ;)
- Corta o pan cun cortador de forma ou con axuda dun coitelo ou un vaso.
- Os ingredientes debes cortalos de forma irregular. Semellante á foto.
- Rechea cada sándwich con xamón, maionesa, queixo...
- Para ensartar os ollos só tes que coller palillos.
Sabes que podes mandar as túas producións independentemente do obradoiro que sexa a : martineznunez@edu.xunta.gal e se queres será publicado no Instagram do CEIP de forma anónima ou detallando o teu nome e curso para compartir o teu talento e creatividade.