Skip to Content

Instruccións para descargar AbalarMobil

Estimadas familias:

 

Informámola que debido á extraordinaria situación que estamos a vivir, as notas desta 2º avaliación estarán dipoñibles a partir do venres día 3 de abril a través da aplicación para teléfono móbil “abalarMobil”

A descarga desta aplicación no teléfono móbil faise dende Play Store (si o sistema operativo é Android) ou dende a Apple store (si o sistema operativo é  iOS).

Despois da súa descarga e intalación, o primeiro paso que debe realizar é rexistrarse. Para iso debe introducir o seu número de teléfono móbil e pulsar en “Enviar”. A continuación recibirá unha mensaxe cun código que terá que introducir na pantalla correspondente e presionar en “Enviar código”.

Na seguiente pantalla solicítase un contrasinal, que será a que utilizará para acceder á aplicación. Deberá escribila nos dous recadros e presionar en “Aceptar”.

A continuación, aparecerá unha pantalla na que se indica que o rexistro foi completado correctamente. Para finalizar, soamente é necesario presionar en “Continuar” e acceder a abalarMóbil co contrasinal elexido, para poder visualizar os datos do alumno.

As seguintes veces que se entre na aplicación xa non fará falla facer nada do anterior (entraráse directamente).



       

BiblioCreativa

page | by Dr. Radut