Reto 1
RETO 1-COCIÑA
Anímaste a facer esta receita? É fácil e sinxela. Podedes usar outras froitas no caso de no contar con estas. Tamén podedes empregar nata no lugar de chocolate, xarope, chocolate branco etc.
Ingredientes:
- ·2 táboas de Chocolate negro
- ·1 cullerada pequena de manteiga
- ·1 cullerada pequena de crema de leite
- ·Fresas
- · Kiwis
- · Melocotón
- · Piña
- · Arandos
- · Outras froitas ao gusto
- · Paos ou pinchos.
1. Primeiro débese por a derreter o chocolate negro nun cazo ao baño maría.
2. Logo tes que engadir a manteiga e a crema de leite ao chocolate fundido para darlle brillo e untuosidade, sen pasarse con estas cantidades porque senón non secará ao untalo sobre as froitas.
3. A continuación, lava ben as froitase córtaas en anacos non moi grandes. Os arandos poden quedar enteiros.
4. Queda colocar a froita nos paos e botarlle o chocolate fundido por riba. Se esperas, o chocolate derretido secarase e listo!