O ALUMNADO DE 6º EP E A EDUCACIÓN VIAL
Este venres 17 de febreiro o noso alumnado de 6º de Eduación Primaria tivo a sorte de poder achegarse á educación vial, nunha xornada que combinou os aspectos teóricos cunha divertida sesión práctica. O noso alumnado aprendeu ao tempo que gozou.
Queremos agradecer especialmente á Policía Municipal do Porriño e a Protección Civil da súa dispoñibilidade, dedicación e do seu bo facer. Moitas grazas por compartires con nós esta xornada.